Unha praia de Riazor en chamas pecha os concertos dun XXXIX Festival Noroeste Estrella Galicia que xa pensa no seu corenta aniversario

Mentres Galicia conta as horas para o histórico eclipse solar total, a Praia de Riazor xa experimentou onte o seu propio fenómeno astronómico. Unha valorosa combinación de música galega, rock alternativo inglés e cumbia caribeña ateigou o areal para despedir os concertos dunha histórica XXXIX edición do Festival Noroeste Estrella Galicia, que mañá concluirá cos derradeiros espectáculos de artes escénicas e sesións de picadiscos, e que xa conta as horas para o seu corenta aniversario.A xornada comezou co puro rock en galego de Zënzar. Desde que naceron no municipio coruñés…

Continuar lendoUnha praia de Riazor en chamas pecha os concertos dun XXXIX Festival Noroeste Estrella Galicia que xa pensa no seu corenta aniversario
BALA
BALA

A enerxía coruñesa de Crowded e Bala, o garage punk de Sprints e o eclecticismo de Rusowsky enchen a estrea da praia no XXXIX Festival Noroeste Estrella Galicia

O XXXIX Festival Noroeste Estrella Galicia continúa coa súa programación facendo parada na emblemática praia de Riazor, sen dúbida o escenario máis agardado polo público en todas as edicións. Coincidindo coas últimas horas de sol, a fotografía dun areal repleto de bañistas mudouse por espectadores entusiasmados con cada tema dunha escolma multixénero que caracteriza ao festival. A marcada aposta polos artistas locais chegou tamén a Riazor nos dous primeiros recitais. O metal alternativo da banda coruñesa Crowded, unha das gañadoras do XXVII Concurso de Bandas e Solistas da radio comunitaria…

Continuar lendoA enerxía coruñesa de Crowded e Bala, o garage punk de Sprints e o eclecticismo de Rusowsky enchen a estrea da praia no XXXIX Festival Noroeste Estrella Galicia
Mari Froes
Mari Froes

Voces emerxentes e figuras consolidadas conquistan a segunda xornada do XXXIX Festival Noroeste Estrella Galicia

O XXXIX Festival Noroeste Estrella Galicia viviu unha segunda xornada repleta de público en todos os escenarios. O cartel combinou a efervescencia de artistas locais e galegos coa referencia de grandes figuras do panorama nacional e internacional.O xoves arrincou co empurre da xuventude. Apolo 18, unha formación na que os seus integrantes teñen entre 18 e 20 anos, demostrou que hai canteira na música galega, tal e como comprobou o ronsel xeracional que se deu cita ao mediodía na praza de Azcárraga coa música como nexo de unión inquebrantable. A…

Continuar lendoVoces emerxentes e figuras consolidadas conquistan a segunda xornada do XXXIX Festival Noroeste Estrella Galicia

Primeiros acordes de rock, jazz, R&B, pop ‘ermitaño’ e música galega no Festival Noroeste Estrella Galicia máis inclusivo da historia

Quedou inaugurado o XXXIX Festival Noroeste Estrella Galicia cun marcado carácter multicultural e coa estrea das novas medidas que a converten na edición máis inclusiva da súa historia. O público acompañou no mediodía, tarde e noite en todas as actuacións que fixeron da Coruña un escenario incomparable para gozar da música.A praza de Azcárraga, o Campo da Leña, o Castelo de Santo Antón, o parque de Santa Margarida e a praza de María Pita acolleron os concertos da primeira xornada. Os ritmos de xéneros como o rock, o jazz, R&B,…

Continuar lendoPrimeiros acordes de rock, jazz, R&B, pop ‘ermitaño’ e música galega no Festival Noroeste Estrella Galicia máis inclusivo da historia
Presentación das medidas para favorecer a inclusión no XXXIX Festival Noroeste Estrella Galicia
Presentación das medidas para favorecer a inclusión no XXXIX Festival Noroeste Estrella Galicia

O Festival Noroeste Estrella Galicia sumará un amplo dispositivo de medidas para favorecer a inclusión nos concertos

A trixésimo novena edición do Festival Noroeste Estrella Galicia continúa camiñando cara unha experiencia cultural mais aberta, confortable e accesible para toda a cidadanía. Así, desde a organización do evento implementarase un amplo dispositivo de medidas para incrementar a inclusión e a accesibilidade nos seus espazos. Así o anunciou esta mañá a alcaldesa, Inés Rey, acompañada pola concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade, Nereida Canosa. Ao acto de presentación destas novas medidas tamén asistiron representantes de entidades da cidade que traballan con persoas con diversidade funcional. “O Festival Noroeste…

Continuar lendoO Festival Noroeste Estrella Galicia sumará un amplo dispositivo de medidas para favorecer a inclusión nos concertos
The Vaccines, Siloé e Guadi Galego pechan os conciertos en Riazor do XXXVIII Festival Noroeste Estrella Galicia
The Vaccines, Siloé e Guadi Galego pechan os conciertos en Riazor do XXXVIII Festival Noroeste Estrella Galicia

Xa se coñecen os horarios do XXXIX Festival Noroeste Estrella Galicia con 5 días de música en directo e totalmente de balde

O Festival Noroeste Estrella Galicia dá a coñecer os horarios da súa trixésimo novena edición, con 5 días de música en directo e completamente de balde. En total, serán 7 os emprazamentos repartidos por toda a cidade da Coruña: Campo da Leña, praza de Azcárraga, praza de María Pita, Santa Margarida, Castelo de San Antón, o Portiño e a praia de Riazor. Desde o 5 ao 9 de agosto serán máis de 40 recitais de estilos tan diversos como o rock, música africana, pop, electrónica, folk, jazz, rythm&blues, post-punk ou…

Continuar lendoXa se coñecen os horarios do XXXIX Festival Noroeste Estrella Galicia con 5 días de música en directo e totalmente de balde
Presentación da XXXIX edición do Festival Noroeste Estrella Galicia
Presentación da XXXIX edición do Festival Noroeste Estrella Galicia

Bomba Estéreo, Rusowsky, Yerai Cortés, Sprints e Ángel Stanich súmanse aos máis de 40 artistas do XXXIX Festival Noroeste Estrella Galicia

Xa está aquí o tan agardado cartel da XXXIX edición do Festival Noroeste Estrella Galicia, ao que se suman artistas do nivel de Bomba Estéreo, Rusowsky, Yerai Cortés, Sprints e Ángel Stanich nunha programación que conta con máis de 40 artistas e coa presenza de nomes galegos en máis da metade da planificación. A Casa Museo Casares Quiroga acolleu o anuncio do cartel completo, ao que acudiron a alcaldesa da Coruña, Inés Rey; Víctor Mantiñán, director de Activación en Iberia de Hijos de Rivera e a directora de Promoción de…

Continuar lendoBomba Estéreo, Rusowsky, Yerai Cortés, Sprints e Ángel Stanich súmanse aos máis de 40 artistas do XXXIX Festival Noroeste Estrella Galicia