Escenarios

A luz do noso faro, o máis antigo do mundo en funcionamento, iluminará de novo nove escenarios repartidos por toda a cidade. O  XXXVI Festival Noroeste Estrella Galicia terá como escenario central a praia de Riazor. Neste 2023 á praia súmanselle outros como o Porto e o Teatro Colón, que terá a presentación do último traballo de Jota (de Los Planetas) ” Plena Pausa”.  

Abrese o Porto de novo,  á cidadanía para gozar dun espectáculo no peirao de Batería

Neste 36 Festival Noroeste Estrella Galicia, espazos de amplas dimensións, como a praia de Riazor, Teatro Colón, Parque de Santa Margarida ou o peirao de Batería, convivirán con outros máis coquetos e intimistas como a praza Sellier, Praza de Azcárraga, Campo da Leña, Castelo de Santo Antón, Luis Seoane. Os máis deles serán espazos abertos que permitirán desfrutar do ceo e o aire libre dos días e noites coruñesa. 

Haberá música polo tanto nestes espazos tamén pola tarde e noite na cidade herculina. Di unha canción popular que nesta cidade no norte peninsular o propio é “andar de parranda e dormir de pé”. 

Reservas para o Castelo de San Antón e Teatro Colón

Nos concertos que se celebran no Castelo de San Antón e Teatro Colón é preciso contar con invitación. As invitacións poden retirarse previamente en ataquilla.com dende o luns 7 de agosto a partir das 10:00 h.

Tamén poderán retirarse a partir das 11:00 horas do luns 7 de agosto na taquilla da Praza de Ourense.

No resto dos espazos o acceso será libre ata completar aforo, incluída a Fundación Luis Seoane.

Imagenes-Escenarios-Web-Noroeste-23-12