Entrega distintivo
Entrega distintivo

A Asociación Music for All recoñece o Festival Noroeste Estrella Galicia polo amplo dispositivo de medidas piloto para favorecer a inclusión

A fundación Music for All recoñeceu o Festival Noroeste Estrella Galicia polo amplo dispositivo de medidas piloto para favorecer a inclusión e continuar camiñando cara unha experiencia cultural máis aberta, confortable e accesible para toda a cidadanía. Para facilitar o acceso á información, o directorio web do festival deseñouse nesta ocasión cunha pestana específica e visible de ‘Medidas de accesibilidade’, con contidos en lectura fácil, iconas intuitivas e unha canle directa de atención a consultas e solicitudes de material como mochilas vibratorias e bucles magnéticos a través do enderezo electrónico…

Continuar lendoA Asociación Music for All recoñece o Festival Noroeste Estrella Galicia polo amplo dispositivo de medidas piloto para favorecer a inclusión
BALANCE
BALANCE

A XXXIX edición do Festival Noroeste Estrella Galicia despídese cunha asistencia de 125.000 persoas durante 5 días de música en directo

O Festival Noroeste Estrella Galicia despide a súa XXXIX edición cunha asistencia de 125.000 persoas durante 5 días de música en directo e máis de 40 recitais espallados por 7 escenarios da cidade, congregando ao público chegado de todas partes do país. Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo, sinala a “clara aposta pola diversidade nesta trixésmo novena edición, non só polos múltiples estilos ofrecidos nos distintos escenarios; tamén por universalizar aínda máis se cabe a música grazas a, entre outras medidas, os concertos con lingua de signos. Neste sentido…

Continuar lendoA XXXIX edición do Festival Noroeste Estrella Galicia despídese cunha asistencia de 125.000 persoas durante 5 días de música en directo

O Mercado da Colleita continuará a súa actividade ata o vindeiro día 12 de agosto, xornada na que se poderá desfrutar da eclipse no Portiño

O Mercado da Colleita continuará activo ata o vindeiro 12 de agosto para seguir sendo un punto de encontro dalgunhas das iniciativas que están a transformar o rural galego nunha contorna máis próspera, innovadora e sostible. Unha programación pensada para todos os públicos que combina divulgación, experiencias gastronómicas, creatividade e música. O Portiño converterase nun enclave único para gozar da observación da eclipse do vindeiro mércores. A actividade deterase totalmente a partir das 20:00 horas para que o verdadeiro protagonista sexa este fenómeno astronómico. “O público valora moi positivamente a…

Continuar lendoO Mercado da Colleita continuará a súa actividade ata o vindeiro día 12 de agosto, xornada na que se poderá desfrutar da eclipse no Portiño
Amoriños
Amoriños

As escénicas en Santa Margarida e nos Xardíns de Méndez Núñez, e a música electrónica do Portiño pechan a XXXIX edición do Festival Noroeste Estrella Galicia

Hoxe, domingo 9 de agosto, o Festival Noroeste Estrella Galicia pechou a programación da súa trixésimo novena edición coas escénicas en Santa Margarida e os Xardíns de Méndez Núñez, así como a música electrónica do Portiño. As derradeiras sesións deejay correron a cargo de Rey DJ, La Yaya DJ e Monkey Mambo Club, namentres que a proposta ‘Leucoíña pasea contos nas verzas’ puxo o punto e final ao Noroestiño nos Xardíns de Méndez Núñez ás 12:00 horas. No parque de Santa Margarida, ás 21:00 horas, Xosé A. Touriñán e David…

Continuar lendoAs escénicas en Santa Margarida e nos Xardíns de Méndez Núñez, e a música electrónica do Portiño pechan a XXXIX edición do Festival Noroeste Estrella Galicia

Unha praia de Riazor en chamas pecha os concertos dun XXXIX Festival Noroeste Estrella Galicia que xa pensa no seu corenta aniversario

Mentres Galicia conta as horas para o histórico eclipse solar total, a Praia de Riazor xa experimentou onte o seu propio fenómeno astronómico. Unha valorosa combinación de música galega, rock alternativo inglés e cumbia caribeña ateigou o areal para despedir os concertos dunha histórica XXXIX edición do Festival Noroeste Estrella Galicia, que mañá concluirá cos derradeiros espectáculos de artes escénicas e sesións de picadiscos, e que xa conta as horas para o seu corenta aniversario.A xornada comezou co puro rock en galego de Zënzar. Desde que naceron no municipio coruñés…

Continuar lendoUnha praia de Riazor en chamas pecha os concertos dun XXXIX Festival Noroeste Estrella Galicia que xa pensa no seu corenta aniversario

Máis de 20.000 exemplares agardan este sábado no Hotel Hesperia aos melómanos da cidade co Mercado de Discos do Noroeste

Este sábado, 8 de agosto, en horario de 11:00 a 14:30 horas e de 16:00 a 18:30 horas, volve á cidade o Mercado de Discos do Noroeste, que reunirá no Hotel Hesperia, no número 16 da rúa Juan Flórez, máis de 20.000 exemplares de CD’s, LP’s, vinilos e casettes. A iniciativa naceu hai xa cinco anos co obxectivo de establecer un punto de encontro musical na Coruña e onde, con cada celebración do Festival Noroeste Estrella Galicia, converxen coleccionistas, expositores, selos e distribuidoras de soportes fonográficos. Organizan o Concello da Coruña e…

Continuar lendoMáis de 20.000 exemplares agardan este sábado no Hotel Hesperia aos melómanos da cidade co Mercado de Discos do Noroeste
BALA
BALA

A enerxía coruñesa de Crowded e Bala, o garage punk de Sprints e o eclecticismo de Rusowsky enchen a estrea da praia no XXXIX Festival Noroeste Estrella Galicia

O XXXIX Festival Noroeste Estrella Galicia continúa coa súa programación facendo parada na emblemática praia de Riazor, sen dúbida o escenario máis agardado polo público en todas as edicións. Coincidindo coas últimas horas de sol, a fotografía dun areal repleto de bañistas mudouse por espectadores entusiasmados con cada tema dunha escolma multixénero que caracteriza ao festival. A marcada aposta polos artistas locais chegou tamén a Riazor nos dous primeiros recitais. O metal alternativo da banda coruñesa Crowded, unha das gañadoras do XXVII Concurso de Bandas e Solistas da radio comunitaria…

Continuar lendoA enerxía coruñesa de Crowded e Bala, o garage punk de Sprints e o eclecticismo de Rusowsky enchen a estrea da praia no XXXIX Festival Noroeste Estrella Galicia
Mari Froes
Mari Froes

Voces emerxentes e figuras consolidadas conquistan a segunda xornada do XXXIX Festival Noroeste Estrella Galicia

O XXXIX Festival Noroeste Estrella Galicia viviu unha segunda xornada repleta de público en todos os escenarios. O cartel combinou a efervescencia de artistas locais e galegos coa referencia de grandes figuras do panorama nacional e internacional.O xoves arrincou co empurre da xuventude. Apolo 18, unha formación na que os seus integrantes teñen entre 18 e 20 anos, demostrou que hai canteira na música galega, tal e como comprobou o ronsel xeracional que se deu cita ao mediodía na praza de Azcárraga coa música como nexo de unión inquebrantable. A…

Continuar lendoVoces emerxentes e figuras consolidadas conquistan a segunda xornada do XXXIX Festival Noroeste Estrella Galicia

Primeiros acordes de rock, jazz, R&B, pop ‘ermitaño’ e música galega no Festival Noroeste Estrella Galicia máis inclusivo da historia

Quedou inaugurado o XXXIX Festival Noroeste Estrella Galicia cun marcado carácter multicultural e coa estrea das novas medidas que a converten na edición máis inclusiva da súa historia. O público acompañou no mediodía, tarde e noite en todas as actuacións que fixeron da Coruña un escenario incomparable para gozar da música.A praza de Azcárraga, o Campo da Leña, o Castelo de Santo Antón, o parque de Santa Margarida e a praza de María Pita acolleron os concertos da primeira xornada. Os ritmos de xéneros como o rock, o jazz, R&B,…

Continuar lendoPrimeiros acordes de rock, jazz, R&B, pop ‘ermitaño’ e música galega no Festival Noroeste Estrella Galicia máis inclusivo da historia
MARTIN KOHLSTEDT
MARTIN KOHLSTEDT

O escenario do Castelo de Santo Antón do XXXIX Festival Noroeste Estrella Galicia será accesible e non se precisarán convites para os concertos

Unha das novidades que trae consigo a trixésimo novena edición do Festival Noroeste Estrella Galicia é o escenario do Castelo de Santo Antón, que ademais de ser accesible nesta ocasión, non será preciso retirar convites para os concertos. Instalarase no pé deste espazo, na vía anexa ao mesmo e permitirá o acceso a persoas con problemas de mobilidade. Incrementarase o aforo para que o púbico poida desfrutar de Anna Andreu o mércores 5 de agosto e Ana Lua Caiano ao día seguinte, o xoves 6 de agosto. Ambos os dous…

Continuar lendoO escenario do Castelo de Santo Antón do XXXIX Festival Noroeste Estrella Galicia será accesible e non se precisarán convites para os concertos