FRAN AMIL
FRAN AMIL

Os Xardíns de Méndez Núñez acollerán a programación para público familiar do Noroestiño do 5 ao 9 de agosto

A programación do XXXIX Festival Noroeste Estrella Galicia traspasa as fronteiras musicais un ano máis coas artes escénicas, comprendidas dentro da programación para público familiar do Noroestiño, que acollerá os Xardíns de Méndez Núñez do 5 ao 9 de agosto. Esta iniciativa, que xordeu hai dous anos e que conta co apoio da Xunta de Galicia, reforza a dimensión urbana deste evento e ten un obxectivo claro: transmitirlle ás novas xeracións a experiencia e valores da música en directo, nun proxecto que contribúe a ampliar cualitativamente o festival, favorecendo a…

Continuar lendoOs Xardíns de Méndez Núñez acollerán a programación para público familiar do Noroestiño do 5 ao 9 de agosto
INAUGURACIÓN REVERSIÓNS
INAUGURACIÓN REVERSIÓNS

Aberta ao público a mostra Re Versións, unha convocatoria para reinterpretar a memoria musical coruñesa a través de 30 obras de artistas locais

O concelleiro de Cultura e Turismo do Concello da Coruña; Nonito Pereira, da Asociación Musical Nonito Pereira; e o artista Roberto Díaz, inauguraron esta mañá Re Versións, unha iniciativa que convida a reinterpretar a memoria musical coruñesa a través da arte contemporánea tomando como punto de partida a historia do Festival Noroeste Estrella Galicia. Pódense contemplar 30 obras de artistas locais, que se inspiraron nalgunhas das referencias discográficas máis representativas da escena musical relacionada co festival. A iniciativa ten como finalidade poñer en valor o legado musical da cidade mediante…

Continuar lendoAberta ao público a mostra Re Versións, unha convocatoria para reinterpretar a memoria musical coruñesa a través de 30 obras de artistas locais
Presentación das medidas para favorecer a inclusión no XXXIX Festival Noroeste Estrella Galicia
Presentación das medidas para favorecer a inclusión no XXXIX Festival Noroeste Estrella Galicia

O Festival Noroeste Estrella Galicia sumará un amplo dispositivo de medidas para favorecer a inclusión nos concertos

A trixésimo novena edición do Festival Noroeste Estrella Galicia continúa camiñando cara unha experiencia cultural mais aberta, confortable e accesible para toda a cidadanía. Así, desde a organización do evento implementarase un amplo dispositivo de medidas para incrementar a inclusión e a accesibilidade nos seus espazos. Así o anunciou esta mañá a alcaldesa, Inés Rey, acompañada pola concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade, Nereida Canosa. Ao acto de presentación destas novas medidas tamén asistiron representantes de entidades da cidade que traballan con persoas con diversidade funcional. “O Festival Noroeste…

Continuar lendoO Festival Noroeste Estrella Galicia sumará un amplo dispositivo de medidas para favorecer a inclusión nos concertos
The Vaccines, Siloé e Guadi Galego pechan os conciertos en Riazor do XXXVIII Festival Noroeste Estrella Galicia
The Vaccines, Siloé e Guadi Galego pechan os conciertos en Riazor do XXXVIII Festival Noroeste Estrella Galicia

Xa se coñecen os horarios do XXXIX Festival Noroeste Estrella Galicia con 5 días de música en directo e totalmente de balde

O Festival Noroeste Estrella Galicia dá a coñecer os horarios da súa trixésimo novena edición, con 5 días de música en directo e completamente de balde. En total, serán 7 os emprazamentos repartidos por toda a cidade da Coruña: Campo da Leña, praza de Azcárraga, praza de María Pita, Santa Margarida, Castelo de San Antón, o Portiño e a praia de Riazor. Desde o 5 ao 9 de agosto serán máis de 40 recitais de estilos tan diversos como o rock, música africana, pop, electrónica, folk, jazz, rythm&blues, post-punk ou…

Continuar lendoXa se coñecen os horarios do XXXIX Festival Noroeste Estrella Galicia con 5 días de música en directo e totalmente de balde
Casa Museo Casares Quiroga
Casa Museo Casares Quiroga

O Concello da Coruña impulsa RE VERSIÓNS, unha convocatoria artística para reinterpretar a memoria musical coruñesa a través da arte contemporánea

O Concello da Coruña mantén aberta ata o vindeiro 24 de xullo a convocatoria artística RE VERSIÓNS, unha iniciativa que convida a reinterpretar a memoria musical coruñesa a través da arte contemporánea tomando como punto de partida a historia do Festival Noroeste Estrella Galicia. As persoas interesadas poderán presentar as súas propostas ata o 24 de xullo a través do formulario dispoñible en https://reversionesnoroeste.com. Ata o momento, trinta artistas da Coruña e da súa área metropolitana xa formalizaron a súa participación na convocatoria. A iniciativa ten como finalidade poñer en…

Continuar lendoO Concello da Coruña impulsa RE VERSIÓNS, unha convocatoria artística para reinterpretar a memoria musical coruñesa a través da arte contemporánea

O XXXIX Festival Noroeste Estrella Galicia presenta a súa programación por días e escenarios

O XXXIX Festival Noroeste Estrella Galicia presenta a súa programación por días e escenarios. En total, serán 7 os emprazamentos repartidos por toda a cidade da Coruña: Campo da Leña, praza de Azcárraga, praza de María Pita, Santa Margarida, Castelo de San Antón, o Portiño e a praia de Riazor. Desde o 5 ao 8 de agosto serán máis de 40 recitais de estilos tan diversos como o rock, música africana, pop, electrónica, folk, jazz, rythm&blues, post-punk ou flamenco. Máis da metade das bandas desta trixésimo novena edición serán galegas.…

Continuar lendoO XXXIX Festival Noroeste Estrella Galicia presenta a súa programación por días e escenarios