A praia de Riazor baixa o telón de concertos do XXXVIII Festival Noroeste Estrella Galicia coa maxia de Guadi Galego, Siloé e The Vaccines

A cuarta xornada do XXXVIII Festival Noroeste Estrella Galicia vivíuse como unha auténtica festa que conectou dous escenarios moi distintos pero igualmente palpitantes: a atmosfera próxima e familiar de O Portiño, co seu Mercado de la Cosecha despregado a carón do Atlántico, e a magnitude da praia de Riazor, transformada nun impoñente anfiteatro natural onde miles de persoas celebraron o talento galego, nacional e internacional. A xornada arrincou ao serán en O Portiño, onde Raphael de la Ghetto inaugurou o sábado cunha sesión ecléctica, perfecta para acompañar o ambiente distendido…

Continuar lendoA praia de Riazor baixa o telón de concertos do XXXVIII Festival Noroeste Estrella Galicia coa maxia de Guadi Galego, Siloé e The Vaccines

O Festival Noroeste Estrella Galicia enaltece a música galega con tres concertos de referencia na praia de Riazor e unha noite para a lembranza

A terceira xornada do Festival Noroeste Estrella Galicia continuou onte despregando unha programación que encheu de música cada recuncho da cidade. As emblemáticas praza da Leña e Azcárraga, xunto ao Castelo de Saton Antón, quentaron o ambiente ata chegar ao gran colofón: a apertura do escenario máis emblemático do Festival Noroeste Estrella Galicia: a praia de Riazor. A programación comezou no Campo da Leña, onde Gustavo Almeida puxo o ritmo á apertura do día coa súa proposta de fusión de influencias brasileiras con pop acústico. Despois chegou o turno de…

Continuar lendoO Festival Noroeste Estrella Galicia enaltece a música galega con tres concertos de referencia na praia de Riazor e unha noite para a lembranza

The Vaccines, Siloé e Guadi Galego pechan os conciertos en Riazor do XXXVIII Festival Noroeste Estrella Galicia

Guadi Galego, Siloé e The Vaccines pecharán esta noite os concertos do XXXVIII Festival Noroeste Estrella Galicia na praia de Riazor. Xunto a Raphael da Ghetto e Señora DJ, no Portiño, serán as propostas que copen a axenda do sábado. Será tamén a última oportunidade para gozar do Mercado de Discos do Noroeste, no primeiro piso do Mercado de San Agustín e con máis de 20.000 exemplares en exposición. Farao en horario de 11:30 a 15:00 horas. O Mercado de la Cosecha estará aberto ambos os días, de 12:00 a…

Continuar lendoThe Vaccines, Siloé e Guadi Galego pechan os conciertos en Riazor do XXXVIII Festival Noroeste Estrella Galicia

O talento internacional converte a segunda xornada da XXXVIII edición do Festival Noroeste Estrella Galicia nun día de celebración multicultural

A segunda xornada da XXXVIII edición do festival Noroeste Estrella Galicia demostrou por que este evento é un dos grandes referentes culturais do verán do nordeste peninsular. A cidade volveu ser un punto de encontro para os espectadores que presenciaron unha programación que fixo encher prazas e recunchos da Coruña con sons únicos, mestizos e memorables. O día comezou no Campo da Leña coa potente banda holandesa Komodo, quen despregou un cóctel de funk, rock e psicodelia cun marcado sabor vintage. Os neendarleses chegaron aos corazóns dos espectadores cando, entre…

Continuar lendoO talento internacional converte a segunda xornada da XXXVIII edición do Festival Noroeste Estrella Galicia nun día de celebración multicultural

A terceira xornada do XXXVIII Festival Noroeste Estrella Galicia virá marcada polos concertos de Riazor e O Portiño, que abre tamén o Mercado de la Cosecha

O venres 8 de agosto vén marcado pola celebración da terceira xornada de XXXVIII Festival Noroeste Estrella Galicia, coa estrea dos escenarios da praia de Riazor e O Portiño. Gustavo Almeida –o primeiro en actuar ás 13:00 horas en Campo da Leña–, Revel Velvet, Leria, Experimento Basement, Roda Door, Nordés, Scarecröw, Rapariga DJ, McEnroe, Doctor Snob, Carlos Ares, Luar na Lubre e Grande Amore (que finalmente comezará ás 00:45 horas), as propostas. Desde as 11:30 horas, estará aberto de novo o Mercado de Discos do Noroeste, que este ano cumpre…

Continuar lendoA terceira xornada do XXXVIII Festival Noroeste Estrella Galicia virá marcada polos concertos de Riazor e O Portiño, que abre tamén o Mercado de la Cosecha

O XXXVIII Festival Noroeste Estrella Galicia celebra a súa primeira xornada con gran acollida e a ‘estrea’ de María Pita

A 38ª edición do Festival Noroeste Estrella Galicia concluíu cunha xornada fiel ao seu espírito multicultural. Xa consolidado como unha cita imprescindible para os e as amantes da música, o festival reafirmou a súa relevancia, gozando de nove concertos repartidos polos xa emblemáticos escenarios do Campo da Leña, o Castelo de SantoAntón, a praza de Azcárraga e a praza de María Pita, que se incorporou este ano á programación. Esta nova localización favoreceu o tránsito entre escenarios, garantindo a máxima concorrencia en todos eles. O festival inaugurou esta edición ao…

Continuar lendoO XXXVIII Festival Noroeste Estrella Galicia celebra a súa primeira xornada con gran acollida e a ‘estrea’ de María Pita

Todo listo para a segunda xornada do XXXVIII Festival Noroeste Estrella Galicia coa apertura do Mercado de Discos

Mañá, xoves 7 de agosto, celebrarase a segunda xornada da trixésimo oitava edición do Festival Noroeste Estrela Galicia, con nove concertos novamente nos escenarios habilitados en Campo da Leña, o Castelo de Santo Antón, praza de Azcárraga e a praza de María Pita. Os concertos de Komodo, Ballaké Sissoko & Piers Faccini, P.P. Arnold, Queralt Lahoz, Battosai, Mondra, Tito Ramírez, Candela Liste e Hermana Furia protagonizarán a programación da segunda xornada. O primeiro de todos eles, mañá xoves 7 de agosto ás 13:00 horas en Campo da Leña. Desde as…

Continuar lendoTodo listo para a segunda xornada do XXXVIII Festival Noroeste Estrella Galicia coa apertura do Mercado de Discos

Mañá comeza a cuarta edición do Mercado de Discos do Noroeste

Mañá, xoves 7 de agosto, desde as 11:30 horas, estará aberto o Mercado de Discos do Noroeste, que este ano cumpre catro edicións. Creado co obxectivo de establecer un punto de encontro musical na Coruña, reunirá a coleccionistas, expositores, selos e distribuidoras de soportes fonográficos, incluíndo vinilos e CD's. Haberá máis de 20.000 unidades dispoñibles, entre LP’s, CD’s, singles e maxisingles, incluíndo discografías completas dalgúns artistas, edicións descatalogadas, reedicións e ofertas de case todos os estilos. Tamén haberá unha destacada presenza de discos publicados por selos e editoriais galegas. Con esta, xa son…

Continuar lendoMañá comeza a cuarta edición do Mercado de Discos do Noroeste

O rural volve ao Festival Noroeste Estrella Galicia da man do Mercado da la Cosecha

Do venres 8 ao domingo 10 de agosto, o Mercado de la Cosecha regresa ao Festival Noroeste Estrela Galicia, e traslada a súa actividade ao Portiño (A Coruña), un enclave único onde natureza, creatividade e sustentabilidade danse a man. Durante tres días, este espazo converterase nun punto de encontro para coñecer e interactuar con algunhas das iniciativas que están a transformar o rural galego nunha contorna máis próspera, innovador e sostible. Unha programación pensada para todos os públicos que combina divulgación, experiencias gastronómicas, talleres, creatividade e música. Como en edicións…

Continuar lendoO rural volve ao Festival Noroeste Estrella Galicia da man do Mercado da la Cosecha

Comeza o XXXVIII Festival Noroeste Estrella Galicia con 9 concertos distribuídos entre Campo da Leña, Castelo de Santo Antón, Azcárraga e María Pita

Mañá arrinca o primeiro día da trixésimo oitava edición do Festival Noroeste Estrella Galicia con nove concertos distribuídos entre os escenarios instalados en Campo da Leña, o Castelo de Santo Antón, a praza de Azcárraga e a praza de María Pita. Albert Pla & The Surprise Band, La Yegros, Adhara & Ritman, Scarecröw, Vieux Farka Touré, J.P Bimeni and the Black Belts, Hermana Furia, Annie and The Caldwells e O’Funk’illo serán as propostas que inaugurarán esta edición. O primeiro de todos eles mañá, mércores 6 de agosto, ás 13:00 horas…

Continuar lendoComeza o XXXVIII Festival Noroeste Estrella Galicia con 9 concertos distribuídos entre Campo da Leña, Castelo de Santo Antón, Azcárraga e María Pita