O XXXIX Festival Noroeste Estrella Galicia presenta a súa programación por días e escenarios. En total, serán 7 os emprazamentos repartidos por toda a cidade da Coruña: Campo da Leña, praza de Azcárraga, praza de María Pita, Santa Margarida, Castelo de San Antón, o Portiño e a praia de Riazor.
Desde o 5 ao 8 de agosto serán máis de 40 recitais de estilos tan diversos como o rock, música africana, pop, electrónica, folk, jazz, rythm&blues, post-punk ou flamenco. Máis da metade das bandas desta trixésimo novena edición serán galegas.

Así, o 5 de agosto poderemos gozar de Law, David Regueiro Trío ft. Pablo Castaño, Pamela Rodríguez e Fantastic Negrito en Azcárraga; Colorado, Greasy Belly, Agoraphobia, Frankie and the Witch Fingers no Campo da Leña; Freestyle People ft. Gallos del Norte, Orquesta Invisible, Catuxa Salom e Bongeziwe Mabandla en Santa Margarida; Anna Andreu no Castelo de San Antón e Ángel Stanich, Dorian, Familia Caamagno e a Orquestra do Quince na praza de María Pita.
Para o 6 de agosto, a programación depáranos os concertos de Apolo18, MFC Chicken, La Perra Blanco e Moura en Azcárraga; Mar de Fondo, MEU, Tsunami Arise e Ruxe Ruxe no Campo da Leña; Banda DiversidArte ft. Silvia Penide & La Sophie Simonds Band, Mounqup, Xosé Lois Romero & Aliboria e Mari Froes no parque de Santa Margarida; Ana Lua Caiano no Castelo de San Antón e Vicente Calderón, Yerai Cortés e Zënzar na praza de María Pita.
Abrirán os concertos da praia de Riazor deste ano o venres 7 de agosto Crowded, Bala, Sprints e Rusowsky. Para o sábado 8 de agosto, quenda de Sés, Echo & The Bunnymen e Bomba Estéreo na praia de Riazor.
Incorpóranse os deejays do escenario do Portiño DJMIL, o venres 7 de agosto; Sofie Peries e Saya DJ o sábado 8 de agosto; e REY DJ, La Yaya DJ e Monkey Mambo Club o domingo 9 de agosto.
No referente ás artes escénicas, os Xardíns de Méndez Núñez acollerán os espectáculos do ‘Noroestiño’, pensados para público familiar, do 6 ao 9 de agosto. O parque de Santa Margarida volverá ser o escenario que peche unha edición máis do Festival Noroeste Estrella Galicia, co espectáculo ‘Amoriños’ que ofrecerán Xosé A. Touriñán e David Perdomo o domingo 9 de agosto.
A alcaldesa, Inés Rey, subliñou o carácter especial do Festival Noroeste Estrella Galicia, “unha cita que sentimos moi nosa e que, cada ano, reúne a artistas internacionais e locais para desfrutar dun festival único e referncial en toda Europa”.
O Festival Noroeste Estrella Galicia é o festival urbano e gratuíto que conta co patrocinio de Estrella Galicia, organizado polo Concello da Coruña e que conta co apoio da Xunta de Galicia a través de Concertos do Xacobeo, e a Deputación da Coruña. Trátase do evento máis importante das súas características a nivel estatal, e un dos máis relevantes de Europa.