BALANCE
BALANCE

A XXXIX edición do Festival Noroeste Estrella Galicia despídese cunha asistencia de 125.000 persoas durante 5 días de música en directo

O Festival Noroeste Estrella Galicia despide a súa XXXIX edición cunha asistencia de 125.000 persoas durante 5 días de música en directo e máis de 40 recitais espallados por 7 escenarios da cidade, congregando ao público chegado de todas partes do país. Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo, sinala a “clara aposta pola diversidade nesta trixésmo novena edición, non só polos múltiples estilos ofrecidos nos distintos escenarios; tamén por universalizar aínda máis se cabe a música grazas a, entre outras medidas, os concertos con lingua de signos. Neste sentido…

Continuar lendoA XXXIX edición do Festival Noroeste Estrella Galicia despídese cunha asistencia de 125.000 persoas durante 5 días de música en directo
Amoriños
Amoriños

As escénicas en Santa Margarida e nos Xardíns de Méndez Núñez, e a música electrónica do Portiño pechan a XXXIX edición do Festival Noroeste Estrella Galicia

Hoxe, domingo 9 de agosto, o Festival Noroeste Estrella Galicia pechou a programación da súa trixésimo novena edición coas escénicas en Santa Margarida e os Xardíns de Méndez Núñez, así como a música electrónica do Portiño. As derradeiras sesións deejay correron a cargo de Rey DJ, La Yaya DJ e Monkey Mambo Club, namentres que a proposta ‘Leucoíña pasea contos nas verzas’ puxo o punto e final ao Noroestiño nos Xardíns de Méndez Núñez ás 12:00 horas. No parque de Santa Margarida, ás 21:00 horas, Xosé A. Touriñán e David…

Continuar lendoAs escénicas en Santa Margarida e nos Xardíns de Méndez Núñez, e a música electrónica do Portiño pechan a XXXIX edición do Festival Noroeste Estrella Galicia
BALA
BALA

A enerxía coruñesa de Crowded e Bala, o garage punk de Sprints e o eclecticismo de Rusowsky enchen a estrea da praia no XXXIX Festival Noroeste Estrella Galicia

O XXXIX Festival Noroeste Estrella Galicia continúa coa súa programación facendo parada na emblemática praia de Riazor, sen dúbida o escenario máis agardado polo público en todas as edicións. Coincidindo coas últimas horas de sol, a fotografía dun areal repleto de bañistas mudouse por espectadores entusiasmados con cada tema dunha escolma multixénero que caracteriza ao festival. A marcada aposta polos artistas locais chegou tamén a Riazor nos dous primeiros recitais. O metal alternativo da banda coruñesa Crowded, unha das gañadoras do XXVII Concurso de Bandas e Solistas da radio comunitaria…

Continuar lendoA enerxía coruñesa de Crowded e Bala, o garage punk de Sprints e o eclecticismo de Rusowsky enchen a estrea da praia no XXXIX Festival Noroeste Estrella Galicia

O XXXIX Festival Noroeste Estrella Galicia presenta a súa programación por días e escenarios

O XXXIX Festival Noroeste Estrella Galicia presenta a súa programación por días e escenarios. En total, serán 7 os emprazamentos repartidos por toda a cidade da Coruña: Campo da Leña, praza de Azcárraga, praza de María Pita, Santa Margarida, Castelo de San Antón, o Portiño e a praia de Riazor. Desde o 5 ao 8 de agosto serán máis de 40 recitais de estilos tan diversos como o rock, música africana, pop, electrónica, folk, jazz, rythm&blues, post-punk ou flamenco. Máis da metade das bandas desta trixésimo novena edición serán galegas.…

Continuar lendoO XXXIX Festival Noroeste Estrella Galicia presenta a súa programación por días e escenarios
Presentación da XXXIX edición do Festival Noroeste Estrella Galicia
Presentación da XXXIX edición do Festival Noroeste Estrella Galicia

Bomba Estéreo, Rusowsky, Yerai Cortés, Sprints e Ángel Stanich súmanse aos máis de 40 artistas do XXXIX Festival Noroeste Estrella Galicia

Xa está aquí o tan agardado cartel da XXXIX edición do Festival Noroeste Estrella Galicia, ao que se suman artistas do nivel de Bomba Estéreo, Rusowsky, Yerai Cortés, Sprints e Ángel Stanich nunha programación que conta con máis de 40 artistas e coa presenza de nomes galegos en máis da metade da planificación. A Casa Museo Casares Quiroga acolleu o anuncio do cartel completo, ao que acudiron a alcaldesa da Coruña, Inés Rey; Víctor Mantiñán, director de Activación en Iberia de Hijos de Rivera e a directora de Promoción de…

Continuar lendoBomba Estéreo, Rusowsky, Yerai Cortés, Sprints e Ángel Stanich súmanse aos máis de 40 artistas do XXXIX Festival Noroeste Estrella Galicia