Unha praia de Riazor en chamas pecha os concertos dun XXXIX Festival Noroeste Estrella Galicia que xa pensa no seu corenta aniversario

Mentres Galicia conta as horas para o histórico eclipse solar total, a Praia de Riazor xa experimentou onte o seu propio fenómeno astronómico. Unha valorosa combinación de música galega, rock alternativo inglés e cumbia caribeña ateigou o areal para despedir os concertos dunha histórica XXXIX edición do Festival Noroeste Estrella Galicia, que mañá concluirá cos derradeiros espectáculos de artes escénicas e sesións de picadiscos, e que xa conta as horas para o seu corenta aniversario.A xornada comezou co puro rock en galego de Zënzar. Desde que naceron no municipio coruñés…

Continuar lendoUnha praia de Riazor en chamas pecha os concertos dun XXXIX Festival Noroeste Estrella Galicia que xa pensa no seu corenta aniversario
BALA
BALA

A enerxía coruñesa de Crowded e Bala, o garage punk de Sprints e o eclecticismo de Rusowsky enchen a estrea da praia no XXXIX Festival Noroeste Estrella Galicia

O XXXIX Festival Noroeste Estrella Galicia continúa coa súa programación facendo parada na emblemática praia de Riazor, sen dúbida o escenario máis agardado polo público en todas as edicións. Coincidindo coas últimas horas de sol, a fotografía dun areal repleto de bañistas mudouse por espectadores entusiasmados con cada tema dunha escolma multixénero que caracteriza ao festival. A marcada aposta polos artistas locais chegou tamén a Riazor nos dous primeiros recitais. O metal alternativo da banda coruñesa Crowded, unha das gañadoras do XXVII Concurso de Bandas e Solistas da radio comunitaria…

Continuar lendoA enerxía coruñesa de Crowded e Bala, o garage punk de Sprints e o eclecticismo de Rusowsky enchen a estrea da praia no XXXIX Festival Noroeste Estrella Galicia
Mari Froes
Mari Froes

Voces emerxentes e figuras consolidadas conquistan a segunda xornada do XXXIX Festival Noroeste Estrella Galicia

O XXXIX Festival Noroeste Estrella Galicia viviu unha segunda xornada repleta de público en todos os escenarios. O cartel combinou a efervescencia de artistas locais e galegos coa referencia de grandes figuras do panorama nacional e internacional.O xoves arrincou co empurre da xuventude. Apolo 18, unha formación na que os seus integrantes teñen entre 18 e 20 anos, demostrou que hai canteira na música galega, tal e como comprobou o ronsel xeracional que se deu cita ao mediodía na praza de Azcárraga coa música como nexo de unión inquebrantable. A…

Continuar lendoVoces emerxentes e figuras consolidadas conquistan a segunda xornada do XXXIX Festival Noroeste Estrella Galicia
MARTIN KOHLSTEDT
MARTIN KOHLSTEDT

O escenario do Castelo de Santo Antón do XXXIX Festival Noroeste Estrella Galicia será accesible e non se precisarán convites para os concertos

Unha das novidades que trae consigo a trixésimo novena edición do Festival Noroeste Estrella Galicia é o escenario do Castelo de Santo Antón, que ademais de ser accesible nesta ocasión, non será preciso retirar convites para os concertos. Instalarase no pé deste espazo, na vía anexa ao mesmo e permitirá o acceso a persoas con problemas de mobilidade. Incrementarase o aforo para que o púbico poida desfrutar de Anna Andreu o mércores 5 de agosto e Ana Lua Caiano ao día seguinte, o xoves 6 de agosto. Ambos os dous…

Continuar lendoO escenario do Castelo de Santo Antón do XXXIX Festival Noroeste Estrella Galicia será accesible e non se precisarán convites para os concertos

O XXXIX Festival Noroeste Estrella Galicia presenta a súa programación por días e escenarios

O XXXIX Festival Noroeste Estrella Galicia presenta a súa programación por días e escenarios. En total, serán 7 os emprazamentos repartidos por toda a cidade da Coruña: Campo da Leña, praza de Azcárraga, praza de María Pita, Santa Margarida, Castelo de San Antón, o Portiño e a praia de Riazor. Desde o 5 ao 8 de agosto serán máis de 40 recitais de estilos tan diversos como o rock, música africana, pop, electrónica, folk, jazz, rythm&blues, post-punk ou flamenco. Máis da metade das bandas desta trixésimo novena edición serán galegas.…

Continuar lendoO XXXIX Festival Noroeste Estrella Galicia presenta a súa programación por días e escenarios