Unha praia de Riazor en chamas pecha os concertos dun XXXIX Festival Noroeste Estrella Galicia que xa pensa no seu corenta aniversario
Mentres Galicia conta as horas para o histórico eclipse solar total, a Praia de Riazor xa experimentou onte o seu propio fenómeno astronómico. Unha valorosa combinación de música galega, rock alternativo inglés e cumbia caribeña ateigou o areal para despedir os concertos dunha histórica XXXIX edición do Festival Noroeste Estrella Galicia, que mañá concluirá cos derradeiros espectáculos de artes escénicas e sesións de picadiscos, e que xa conta as horas para o seu corenta aniversario.A xornada comezou co puro rock en galego de Zënzar. Desde que naceron no municipio coruñés…