A XXXIX edición do Festival Noroeste Estrella Galicia despídese cunha asistencia de 125.000 persoas durante 5 días de música en directo
O Festival Noroeste Estrella Galicia despide a súa XXXIX edición cunha asistencia de 125.000 persoas durante 5 días de música en directo e máis de 40 recitais espallados por 7 escenarios da cidade, congregando ao público chegado de todas partes do país. Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo, sinala a “clara aposta pola diversidade nesta trixésmo novena edición, non só polos múltiples estilos ofrecidos nos distintos escenarios; tamén por universalizar aínda máis se cabe a música grazas a, entre outras medidas, os concertos con lingua de signos. Neste sentido…