A 36ª edición do Festival Noroeste Estrella Galicia aposta polas artistas femininas, os grupos locais e grandes referentes internacionais

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presentou hoxe no Pazo de María Pita a triséximo sexta edición do Festival Noroeste Estrella Galicia, nunha aposta clara polas artistas femininas e as bandas locais da cidade, ademais de grandes referentes internacionais de 14 nacionalidades diferentes. 

Este evento contará con máis de 60 concertos, na súa totalidade de balde, que se celebrarán ó longo de toda xeografía da cidade de cristal. A praia de Riazor, Santa Margarida, o Peirao de Batería, a praza de Azcárraga, o Campo da Leña, o Castelo de San Antón, a Fundación Luis Seoane, Cormelana Selier e o Teatro Colón acollerán desde o vindeiro 9 ata o 12 de agosto citas para anotar no calendario. 

Primal Scream, Parov Stelar, Lori Meyers, Sabela, La M.O.D.A., Bala, Rayden, Mala Rodríguez, Arde Bogotá, Fatouma Diawara, Lee Fields, Pongo, Thylacine ou Iseo & Dodosound son tan só algún dos nomes que integran o cartel, cuxo motivo principal é a luz da Torre de Hércules, emblema da cidade, que guía ó público cara os concertos na praia de Riazor. O lema escollido para a triséximo sexta edición é “Escoita a nosa luz”, en clara referencia ó motivo principal do mesmo. Queda un artista por confirmar, que completará os “cabezas” de cartel. 

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, anunciou que “a nosa cidade volverá a vibrar a semana que vén un verán máis cun dos festivais de acceso gratuito máis importantes de Europa”. A rexedora avanzou que “durante catro días consecutivos poderemos gozar dunha festa de diversidade musical con máis de medio centenar de artistas europeos, africanos e americanos, referentes tamén a escala local, nacional e internacional”, incidindo en que “os estilos son diversos, como rock, pop, electro swing, reggae ou música tradicional”. 

“Este ano teremos máis dunha ducia de artistas da Coruña, como Silvia Penide; aproximadamente 25 na escala galega e tamén quero recalcar o compromiso para reforzar a presenza feminina no Festival Noroeste Estrella Galicia, 30 están protagonizadas por mulleres”.

Pola súa banda, o Director de Asuntos Corporativos de Hijos de Rivera, Antonio Viejo, remarcou que “é un pracer nesta explosión de festivais, formar parte dun Festival Noroeste Estrella Galicia que ten proxección de futuro”, enfatizando que “ano a ano podemos seguir facendo máis marca de cidade nunha maneira diferente de facer un festival no que poida desfrutar todo o público”. 

Puntos violetas

O Festival Noroeste Estrella Galicia será o contexto onde se poñerá en marcha un novo dispositivo de puntos violetas, para previr, asesorar e atender posibles condutas de violencia sexual nos días de celebración do evento. Situaranse na praza de Pontevedra o venres 11 e o sábado 12 e o domingo 13 de agosto, en horario de 22:00 a 2:00 horas.

 

CARTEL COMPLETO POR ORDE ALFABÉTICA

ALLOVA · ANA TIJOUX · ANITA B QUEEN · ARDE BOGOTÁ · BALA · BRAIS MORÁN & NASAFUNK · CLARENCE BEKKER BAND · CLUB MAKUMBA · CORRIENTE DEL GOLFO 

DAVID REGUEIRO · DREA · FAIA+NACHO+LAR · FATOUMATA DIAWARA · GARCÍA MC & NACIÓN QUILOMBO · GARUFA BLUE DEVILS BIG BAND · GARZA · GITANO DE PALO · HYDN  ISEO & DODOSOUND · J PRESENTA “PLENA PAUSA” · JARBIS · JIMENA AMARILLO · _JUNO LA M.O.D.A. · LA PERRA BLANCO · LANEGAN BY ULTRACUERPOS · LEE FIELDS · LORI MEYERS · MALA RODRÍGUEZ · MALANDRÓMEDA · MALLOU · MARCOS COLL · MENEO· MIXING MARTINES MOJO MANTRA · PANTHA DU PRINCE · PAMELA RODRÍGUEZ · PAROV STELAR · PAVA · PLAYBACK MARACAS · PONGO · PRIMAL SCREAM · RAYDEN · SABELA · SANNY · SANTIAGO LATORRE · SILVIA PENIDE · SMILE · STORMY TRUCKS · SUMRRÁ + CONVIDADOS · SUPERFUZZ · THE RAPANTS · THYLACINE · YIBRIL