2manyDJs completa a programación do XXXVI FESTIVAL NOROESTE ESTRELLA GALICIA

Confírmase o ‘Artista Sorpresa’ do 36 Festival Noroeste Estrela Galicia e con iso péchase a  programación desta edición. Os belgas 2manyDjs subiranse ao escenario de Riazor o venres 11 para encher de electrónica á cidade de cristal. Este dúo está formado polos irmáns David e Stephen Dewaele, anteriores membros do grupo Soulwax. Os seus eclécticos sets son coñecidos por fusionar cancións recoñecidas de diferentes artistas e xéneros como música dance, electro, rock, pop, hip-hop e moitos máis.

Primal Scream, Parov Stelar, Lori Meyers, Sabela, A M.Ou.D.A., Bala, Ana Tijoux, Rayden, Mala Rodríguez, Arde Bogotá, Fatouma Diawara, Le Fields, Poño, Thylacine ou Iseo & Dodosound son tan só algúns dos nomes que forman parte do cartel, cuxo motivo principal é a luz da Torre de Hércules, emblema da cidade, guiando ao público cara ao escenario do areal de Riazor. O lema escollido para esta ocasión é “Escoita a nosa luz”, facendo alusión ao motivo gráfico.

Para acceder ós eventos programados no Castelo de Santo Antón e no Teatro Colón, poderanse adquirir as entradas tanto na billeteira da praza de Ourense, de luns a venres en horario de 11:00 a 15:00 horas de mañá e de 16:30 a 19:30 horas pola tarde, como na web entradas.ataquilla.com Non será necesario para as sesións da Fundación Luis Seoane.

DESCARGA AQUÍ OS HORARIOS DO FESTIVAL NOROESTE ESTRELLA GALICIA

MÉRCORES 9
Santa Margarida
20:30h – García MC & Nación Quilombo
22:00h – Fatoumata Diawara
00:00h – Iseo & Dodosound
Porto
21:00h – The Rapants
22:30h – Rayden
00:30h – LA M.O.D.A
Campo da Leña
13:00h – Sanny
19:30h – Mixing Martines
21:30h – La Perra Blanco
23:30h – Playback Maracas
Azcárraga
14:00h – Garufa Blue Devils Big Band
20:30h – Clarence Bekker Band
22:30h – Club Makumba
Luis Seoane
12:30h – Garza
19:00h – ALLOVA
22:00h – Pantha Du Prince

Cormelana Sellier (Dj ́s)
20:00h – Anita B Queen

Castelo de Santo Antón
13:00h – Nacho – Faia – LAR
19:30h – Silvia Penide
21:00h – SUMRRÁ + convidados

XOVES 10
Santa Margarida
20:30h – Sabela
22:00h – PONGO
00:00h – Ana Tijoux
Porto
21:00h – Jimena Amarillo
22:30h – Mala Rodriguez
00:30h – Arde Bogotá
Campo da Leña
13:00h – Smile
19:30h – Stormy Trucks
21:30h – Mojo Mantra
23:30h – BALA
Azcárraga
14:00h – David Regueiro Trío
20:30h – Marcos Coll
22:30h – Lee Fields
Luis Seoane
12:30h – PAVA
19:00h – Santiago Latorre

Cormelana Sellier (Dj ́s)
20:00h – Yibril
Castelo de Santo Antón
13:00h – Mallou
19:30h – _juno
21:00h – Thylacine
Teatro Colón
19:00h – J de Los Planetas presenta en directo “Plena Pausa”

VENRES 11
Cormelana/Sellier:
20:00h – Meneo
Campo da Leña:
13:00h – Lanegan by Ultracuerpos
19:30h – Superfuzz

Azcárraga:
14:00h – Pamela Rodríguez
20:30h – Brais Morán & Nasaufunk
Riazor:
22:00h – 2 Many Dj’s
0:30h – Parov Stelar

SÁBADO 12:
Cormelana Sellier:
20:00h – Drea
Azcárraga:
14:00h – Corriente del Golfo
20:30h – Jarbis
Campo da Leña:
13:00h – Malandromeda
15:00h – Haydn
19:00h – Gitano de palo
Riazor:
22:00h – Lori Meyers
00:30h – Primal Scream

Este evento contará con máis de 60 concertos, todos gratuítos, que se distribuirán entre 9 espazos da cidade de cristal. A praia de Riazor, Santa Margarita, o Porto,, a praza de Azcárraga, o Campo da Leña, o Castelo de San Antón, a Fundación Luis Seoane, Cormelana Sellier e o Teatro Colón acollerán citas desde o próximo 9 ata o 12 de agosto:

● Praia de Riazor: A esencia do festival.
● Parque de Santa Margarida: urbana, fusión, rock alternativo.
● Porto: visión musical máis contemporánea.
● Campo da Leña: guiño ó rock.
● Praza de Azcárraga: noches de jazz, funk, latin, soul e moito más.
● Fundación Luis Seoane: toque experimental e vangardista.
● Castelo de San Antón: pequenas grandes ‘delicatessen’.
● Cormelana / Sellier: Dj`s.
● Teatro Colón: un dos espazos con máis identidade da cidade.