O Festival Noroeste Estrella Galicia sumará un amplo dispositivo de medidas para favorecer a inclusión nos concertos
A trixésimo novena edición do Festival Noroeste Estrella Galicia continúa camiñando cara unha experiencia cultural mais aberta, confortable e accesible para toda a cidadanía. Así, desde a organización do evento implementarase un amplo dispositivo de medidas para incrementar a inclusión e a accesibilidade nos seus espazos. Así o anunciou esta mañá a alcaldesa, Inés Rey, acompañada pola concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade, Nereida Canosa. Ao acto de presentación destas novas medidas tamén asistiron representantes de entidades da cidade que traballan con persoas con diversidade funcional. “O Festival Noroeste…