SANTIAGO LATORRE

O oscense Santiago Latorre é todo un trotamundos. Durante a súa vida estivo vivindo en cidades peninsulares como Zaragoza ou Barcelona, pero tamén noutras allende as nosas fronteiras como Taipei ou Londres, onde resida actualmente.

O seu primeiro contacto coa música foi co piano aos sete anos, pero con once déixao para dedicarse de maneira total ao saxo alto. Tenta ser como John Coltrane, pero tras anos deintentos dáse conta de que o jazz tampouco é o que está a buscar.

Estuda Enxeñería en Telecomunicacións e comeza a experimentar cos instrumentos e as novas tecnoloxías. Especialízase en audio dixital e acústica, e leva a cabo o seu proxecto fin de carreira “Sonificación do Xenoma Humano”, que presenta en Fusitrónica 2004, centrado na síntese de son a partir da estrutura e as propiedades das moléculas do ADN.

En 2005 empeza a desenvolver a súa propia carreira en solitario e comeza a tocar nalgunhas pequenas salas. Ao mesmo tempo entra a traballar como enxeñeiro de son en Gravacións Silvestres, estudo de gravación dirixido polo enxeñeiro e produtor Marc Parrot. A lombeirada definitiva chégalle ao ser incluído en Festival Internacional de Música Experimental de Barcelona, máis coñecido como LEM, no ano 2007.

Santiago Latorre

CANDO?

AS SÚAS REDES

A SÚA MÚSICA