LA M.O.D.A

La M.O.D.A (acrónimo La Maravillosa Orquesta del Alcohol ) xorde en Burgos hai unha década. O colectivo está formado por sete compoñentes e combina instrumentos como acordeón, saxo, banjo, mandolina ou clarinete con influencias variadas.

A traxectoria da banda sempre estivo marcada polos concertos, grazas aos cales crearon unha base de fieis seguidores. O grupo percorreu o circuíto de salas e festivais do país, ademais de tocar en México, Colombia, Francia, Italia, Países Baixos, Irlanda, Reino Unido e Estados Unidos, dando un total de 550 actuacións desde 2011.

No apartado discográfico, La M.O.D.A editou catro LP’s, un puñado de EP’s (incluído o que gravaron con Steve Albini en 2018) e un par de discos en directo.

Durante o último ano, o septeto estivo inmerso na xira de presentación de ‘Ninguna Ola’, unha etapa complicada para todos debido á pandemia e as súas circunstancias e restricións.

Agora, La M.O.D.A. volve con novo disco, ‘Nuevo Cancionero Burgalés’, producido por Gorka Urbizu (Berri Txarrak). Inspirado no repertorio popular da súa terra, con letras sacadas dos cancioneiros populares de Federico Olmeda (1903) e Antonio José (1932) e música composta polo grupo.

 

CANDO?

AS SÚAS REDES

A SÚA MÚSICA