HYDN

Precursora do galenglish, hydn introdúcenos nun mundo de fantasía, lume e escuridade. hydn crea o que define coma main character music, unha música que, como ela mesma di “é unha especie de dark pop electrónico con influenzas de dark RnB, pero en realidade gústame xogar e beber de moitos máis xéneros”.

Cun son inspirado por artistas tan diferentes coma The Weeknd, Bring Me The Horizon, Ghostemane, Tove Lo, Halsey, Ashnikko e Two Feet, entre moites outres, hydn crea unha personaxe coa que xoga co medo ao diferente e o desexo por elo. Descubrindo os nosos desexos e segredos máis ocultos e xogando cos límites da moralidade, esta artista preséntanos unha viaxe sonora única e experimental.

E ti… de que te estás a esconder?

CANDO?

AS SÚAS REDES

A SÚA MÚSICA