Club Makumba naceu da unión entre Tó Trips (guitarra), João Doce (batería), Gonçalo Prazeres (saxofón) e Gonçalo Leonardo (baixo e contrabaixo) para ofrecer música libre, experimental e tribalista.
A súa música defínese como unha viaxe entre os sons da costa do Mediterráneo e África que atravesa fronteiras, tanto as xeográficas como as estilísticas.
A fusión do rock con ritmos norteafricanos e un toque de jazz serán os ingredientes principais do menú musical que ofrecerá o grupo no Festival Noroeste Estrella Galicia.
