2MANYDJS (DJ SET)

Soulwax (tamén coñecidos como 2 Many DJ’s na súa faceta de disc jockeys) é unha banda de rock electrónico e alternativo orixinaria de Gante, Bélxica e liderada polos irmáns David e Stephen Dewaele.

O álbum Any Minute Now lanzou tres singles “E Talking”, “NY Escuse” e “Any Minute Now”. O dúo tamén produciu un gran número de remixes coñecidos e non coñecidos, incluíndo “Daft Punk Is Playing At My House” de LCD Soundsystem, “Robot Rock” de Daft Punk e “DARE” de Gorillaz. O álbum Nite Versions (2005) é unha colección de remixes das cancións de Any Minute Now. David e Stephen son amigos de artistas como Tiga, LCD Soundsystem e WhoMadeWho.

CANDO?

AS SÚAS REDES

A SÚA MÚSICA