O Mercado da Colleita encherá de actividades e música no Portiño no marco do Festival Noroeste Estrella Galicia
O Mercado da Colleita volve ao Festival Noroeste Estrella Galicia convertido nun punto de encontro dalgunhas das iniciativas que están a transformar o rural galego nunha contorna máis próspera, innovadora e sostible. Unha programación pensada para todos os públicos que combina divulgación, experiencias gastronómicas, creatividade e música. O concelleiro de Cultura e Turismo do Concello da Coruña, Gonzalo Castro, destacou que “o Goberno de Inés Rey segue a apostar por propostas que reforzan a identidade cultural da Coruña e achegan á cidadanía experiencias vinculadas á sustentabilidade, á creatividade e ao…