Guadi Galego, Siloé e The Vaccines pecharán esta noite os concertos do XXXVIII Festival Noroeste Estrella Galicia na praia de Riazor. Xunto a Raphael da Ghetto e Señora DJ, no Portiño, serán as propostas que copen a axenda do sábado.
Será tamén a última oportunidade para gozar do Mercado de Discos do Noroeste, no primeiro piso do Mercado de San Agustín e con máis de 20.000 exemplares en exposición. Farao en horario de 11:30 a 15:00 horas.
O Mercado de la Cosecha estará aberto ambos os días, de 12:00 a 20:00 horas, con actividades para toda a familia e con proxectos de referencia no seu ámbito, como Airas Moniz, Calabizo, Cortes de Muar, Versos da Ruda, Galo Celta, A Castrexa, Os Biosbardos, Mariñeiras Daveiga, Ecocelta e Horta da Lousa.
Programación completa para os vindeiros días
Sábado 9 de agosto
13:00h – Raphael de la Ghetto (O Portiño)
16:30h – Señora DJ (O Portiño)
21:00h – Guadi Galego (Playa de Riazor)
22:30h – Siloé (Playa de Riazor)
00:00h – The Vaccines (Playa de Riazor)
_________________________________________________________________________
Domingo 10 de agosto
13:00h – EME DJ (O Portiño)
16:00h – DJ Peligro (O Portiño)