ZÅLOMON GRASS

Gabriel McKenzie, David Rodd e Mauro Comesaña forman este power trío de Vigo, que toca un hard rock denominado como cosmic blues. Pretenden sacarnos da apatía e a monotonía diaria co seu son renacido do rock máis puramente dos setenta cun toque atemporal cargado de historias de liberación moi actuais ornamentadas con metáforas dentro dun imaxinario espacial. 

Tras o seu EP debut ‘The four track’ e unha medio metraxe audiovisual titulada ‘Three hundred years’ están en plena xira de presentación do seu primeiro LP titulado ‘Space Opera’ gravado nos estudos Guitar Town de Hendrik Rover. Tras percorrer a xeografía peninsular e saír ao estranxeiro levando o seu espectáculo ao festival de jazz de Montreux (Suíza), a banda xa está inmersa na produción do seu vindeiro disco.



CANDO?

AS SÚAS REDES

A SÚA MÚSICA