Trío da Kali é o encontro entre a música tradicional dos griots do oeste de África e a música de cámara europea. Algo nunca visto antes, creando un concerto tan vibrante e libre como conmovedor. Este proxecto gravado no seu día por Kronos Quartet foi publicado baixo o título ‘Ladjikan’.
Gran parte deste repertorio estaba esquecido e, con todo, aínda hoxe representa o corazón dunha cultura musical que resistiu o paso do tempo durante séculos.
Trio da Kali amósanos canto de atemporal e cativadora é esta extraordinaria herdanza musical acompañados neste 37 Festival Noroeste Estrella Galicia polo Cuarteto de Corda Harmonía de Galicia.
