Quince anos sendo referente do underground en fala hispana e cunha reputación sempre no máis alto. O seu sexto álbum é outro bofetón na cara que volve subir o nivel. Un disco completo e complexo, directo e antinostálxico.
“$€Ð é un disco mundano e terreal que trata de emocións primitivas duns personaxes nun mundo hostil, desigual e tecnificado no que o tempo pasa a toda hostia.
É un disco sobre a procura do éxito, a fama e o poder, a soidade na cima, os bos momentos e a inevitable decadencia duns personaxes que poderían ser TI.”
CANDO?
- SÁBADO 10 DE AGOSTO
- 21:00 HORAS
- PRAIA DE RIAZOR