HERMANA FURIA

Hermana Furia é unha das propostas máis electrizantes e xenuínas do rock alternativo en España. Cun son que fusiona diversos estilos dentro do rock, a banda logrou consolidarse na escena musical cunha identidade propia e inconfundible.

Formada en Madrid, a banda está composta por Nuria Furia (voz e sintetizadores), Edu Molina (guitarra, voz, piano e sintetizadores), Pau C. Marcos (baixo e coros) e Tweety Capmany (batería e coros). Cada membro achega unha experiencia e calidade excepcionais, o que resulta nunha proposta innovadora e cunha mensaxe contundente.

En 2021, Hermana Furia irrompeu con forza con “Grita con Furia”, un sinxelo que recibiu gran acollida do público e a prensa especializada. Este foi o punto de partida do seu LP “Todo Mal”, unha obra que destaca pola súa potencia sonora e letras afiadas sobre a loita, o empoderamento e o cuestionamiento social.

Cun directo irresistible, a banda percorreu salas e festivais en España, destacando pola súa conexión co público e a súa posta en escena explosiva, o seu son foi comparado con bandas como Rage Against the Machine, The Dead Weather e Queens of the Stone Age.

O éxito de “Todo Mal”, producido por Edu Molina, gravado en Garlic Records e masterizado por Enrique Soriano, consolidou á banda na escena independente.

O disco foi editado en vinilo por Entrebotones e recibiu o apoio de medios especializados, salas e promotores de concertos, esgotando en tres meses a súa edición especial de 200 copias.

Hermanana Furia presentou o seu primeiro longo por todo o territorio español cunha gran acollida por parte do público que non dubida en achegarse a salas e festivais para gozar do seu potente directo.

En 2024, tras unha intensa xira, a banda gravou o seu segundo álbum, “Rumias”, mantendo o mesmo equipo técnico. O adianto “Turbo” foi lanzado en formato dixital, xunto á venda do disco físico, editado de novo pola discográfica independente Entrebotones. Como parte da promoción, levaron a cabo o “Hermana Furia Radio Tour”, no que doce programas de radio estrearon os doce temas do disco, permitindo descubrir o álbum de maneira progresiva. Actualmente, “Rumias” soa en emisoras como Radio 3, LH Magazine, Radio Tentación, Mariskal Rock Radio e moitas máis.

En 2025, Hermana Furia continuará a súa xira presentando “Rumias” entre outros na Festa de Radio3 Extra (Madrid) e festivais como Entrepontes (Lugo), Tsunami Xixón (Asturia), Volcano Fest (Canarias) sendo o 2025 o primeiro ano que saen de España como convidados en Rock al Parque (Bogotá). Durante os próximos meses lanzarán o seu segundo álbum en plataformas dixitais de maneira graduada, ampliando o seu impacto.

Cunha mensaxe directa e sen concesións, a banda reivindica a liberdade e a resistencia, consolidándose como unha das voces máis potentes do rock en castelán.



CANDO?

AS SÚAS REDES

A SÚA MÚSICA