Celebrando o seu aniversario de máis de tres décadas compoñendo e cantando soul, rock, R&B, funk…dentro e fóra das nosas fronteiras. Reinando na década dos 90 como un dos pioneiros do soul en España coa súa banda The Cool Jerks con 12 álbums no mercado.
Despois de compartir escenario con figuras do calibre de Percy Sledge, Bonnie Tyler, Dr. John, Paul Carrack ou Solomon Burke entre moitos outros e conseguir o fito de gravar cos lendarios produtores Willie Mitchell (Al Green, Aretha Franklin, Rod Stewart, Joe Cocker) ou Lawrence “Boo” Mitchell (Bruno Mars).
Desde Londres, o seu lugar de residencia habitual, Miguel Angel Julián ou o que é o mesmo Soul Teller embárcase na súa xira co seu proxecto electro acústico con grandes músicos arroupándoo, onde o feeling, a diversión e a interacción co público están garantidas.
Desde Memphis, Lawrence “Boo” Mitchell dixo sobre Soul Teller:
“…non soamente ten esa voz para cantar as súas grandes cancións, senón tamén é un grandísimo músico cargado de alma sureña que me deixa preguntándome como é posible que teña tanto soul de Memphis no seu corazón vindo desde Europa…”