SEÑORA DJ

Cunha enerxía que electriza os escenarios e un estilo inconfundible, Raquel R. Soto, mellor coñecida como Señora DJ, conquistou o mundo da música desde o seu debut en 2016. Orixinaria de Vilagarcía de Arousa, esta talentosa DJ deixou marca na escena musical de Galicia.

Desde a primeira actuación que fixo vibrar ao público en Festivala, Señora DJ cativou a multitudes en festivais como o Atlantic Fest, Vive Nigrán, Festival da Luz, FIV ou PortAmérica. Tamén actuou en salas como Karma en Pontevedra, Soar en Santiago de Compostela ou Kominsky en Vigo.

O que distingue a Señora DJ é a súa ecléctica mestura de xéneros, desde o indie ata o pop e o urbano, pasando polo disco e o techno. Pero o que realmente a fai única é a súa capacidade para infundir cada set cun toque de “petardeo fino”, ese ingrediente especial que fai que calquera ocasión convértase nunha festa inesquecible.

Señora DJ ten un compromiso co recoñecemento das compositoras mulleres, dándolles un lugar especial ás señoras na música e valorizando a súa influencia e contribución.

Selecciona temas con discursos feministas e prol-LGTBQ+. Nos seus sets, non só soan os éxitos internacionais, senón que tamén se rende homenaxe a talentos que cantan en galego, poñendo en valor as súas raíces. En 2024 decide dar o salto nacional e pica fóra de Galicia, nas 4 Latas de Madrid.

CANDO?

AS SÚAS REDES

A SÚA MÚSICA