RULO Y LA CONTRABANDA

Malia as complicacións vividas nestes últimos tempos, Rulo non parou.

En 2020, tras o confinamento, ofreceu un primeiro concerto en Santander, actuou no Autocine RACE de Madrid e colgou dúas noites consecutivas o cartel de “non hai enetradas” na sala La Riviera (Madrid).

Ademais, presentou unha edición especial do disco “Basado en Hechos Reales”, co que está de xira actualmente. Tamén publicou a súa primeira autobiografía escrita durante o confinamento: “Tres acordes y La Verdad”.

En 2011 forma Rulo y La Contrabanda e ao longo da súa carreira publicou 4 discos de estudo e dous en directo, “Basado en hechos reales” (2019) reeditouse a finais do 2020.

Dúas décadas de música e Rulo y la Contrabanda seguen desbordando verdade en cada traballo e iso, nos tempos que corren, é sumamente bonito.

CANDO?

AS SÚAS REDES

A SÚA MÚSICA