PATAX é a día de hoxe a banda de fusión máis prominente de España, e xa un proxecto coñecido en todo o mundo. Con máis de 90.000 seguidores en Facebook e 24 millóns de visitas en Youtube, Patax segue unha traxectoria imparable.
Bebendo do legado de lendas do jazz como Weather Report, Corea’s Elektric Band, Herbie Hancock, ou Zawinul Syndicate, e sen agochar a poderosa influencia das visionarias propostas deIrakere, Wayne Shorter, Miles Davis, Enrique Morente, Hermeto Pascoal e Paco de Lucía, PATAX leva o concepto “fusión” ata un territorio completamente inexplorado, onde a comunicación entre o flamenco, o funk, o jazz e os ritmos afrocubanos é a chave das súas complexas, explosivas e máxicas atmosferas.
