MEU

Catorce anos despois de ofrecer o seu último concerto, Meu retorna ao circuíto pop. E faino co peso da experiencia e o maletín cargado de cancións atemporais, xestadas con pulso punk, melodías power-pop e toda unha serie de matices que invocan á new wave máis xenuina. Pero, sobre todo, con ganas de amosar o que son: unha das formacións máis relevantes que nos proporcionou o pop galego no século XXI.

Artesanía e inspiración en virtude de reivindicar traballos tan sobresaíntes como “What’s Up?” (Rock On, 2005) e “Did you Hear?” (Rock On, 2007), exemplos inequívocos dunha metodoloxía do bo facer que arrinca en 2004 coa formación dun súper grupo integrado por membros de Deluxe, Elephant Band, Ultracuerpos e Triceratops, encarnados na súa primeira formación por Ricardo Saavedra, Nacho Moura, Mikelini e Ramón Saleta.

De semellantes orixes, emerxeu unha proposta insubstituible ao longo de tantos anos de ausencia, que agora regresa para reclamar o sitio que sempre foi seu e que ninguén soubo ocupar en todo este tempo.

CANDO?

AS SÚAS REDES

A SÚA MÚSICA