LEMOT

Cando Alex e Pablo se coñeceron na Coruña, non se imaxinarían que, nuns anos, estarían a xirar por todo o país cantando ante decenas de miles de persoas. Un bo anaco de sinxelos con todo o espírito do pop e a enerxía do rock, servíronlles para facerse cun oco no corazón de milleiros de fans.

Cancións como ‘Estaba claro’, ‘Grita’ ou ‘Lo que no pude besarte’, serviron de adianto para o que sería o seu primeiro álbum de estudo, ‘Abrimos fuego’, un traballo que marabillou á radio musical e a algúns dos prescritores e curators máis importantes do país.

Así LEMOT formou parte do cartel de eventos multitudinarios como o Arenal Sound, Coca Cola Music Experience ou o Jardín de las Delicias, onde compartiron escenario con Dani Martín, Taburete, Maldita Nerea, con quen ademais comparten esencia e visión creativa.

A partir de 2023 chega un novo paso na súa carreira da man de BMG Spain, con quen xa editaron dous sinxelos: ‘A ras de cielo’, e ‘Colateral’, que supoñen unha evolución nunha carreira construida sen présa pero sen pausa; LEMOT atrévense con sons máis íntimos sen perder a súa esencia de pop rock maiúsculo, formando parte, así, da nova onda do pop nacional, que ten como referentes grupos como Dani Fernández ou Besmaya.

En plena travesía cara á conquista do público xeneralista, a traxectoria de LEMOT é unha oda ao talento e ao esforzo, normalmente invocados por separado.

CANDO?

AS SÚAS REDES

A SÚA MÚSICA