KAMIKAZE HELMETS

Kamikaze Helmets é unha banda de rock formada por dous dos máis reputados e solicitados músicos da escena de rock, blues e funk nacional. Tocaron con bandas como Aurora and The Betrayers, Lisa and The Lips, Anaut ,Martha Reeves and The Vandellas, Swamp Dog

Despois de tantos quilómetros e noites de rock and roll decidiron facer o seu propio proxecto bebendo de influencias como Led Zeppelin, Black Keys, White Stripes… pero dándolle un enfoque actual e mirando ao presente e futuro no ronsel de artistas como Queens of the Stone Age ou os actuais Royal Blood.

Unha posta en escena única cun batería cantante; unha sorte de mutación bastarda a medio camiño entre Boham e Plant e xunto co elo perdido e o groove esmagador con baixos moog sintetizados de Stevie Wonder e as guitarras punzantes whammy de Hendrix. E vestidos para un salto ao baleiro sen retorno.

Estades preparados? Estades protexidos? Fáganse cos seus KAMIKAZE HELMETS.

CANDO?

AS SÚAS REDES

A SÚA MÚSICA