Hormigonera está formada por ex membros de recoñecidas bandas da escena rock coruñesa. Pedro Granell (Chucho) voz e guitarra, ex de Eskizos, Kozmic Muffin, Ulrica… ademais de múltiples proxectos en solitario. Beni, baixista, ex Viúva Gomez e tamén membro doutros proxectos na cidade. Trigo, guitarra e voz; membro de Lascivos e Black Panda. Jarri, batería e voz; ex Eskizos, Perruqueiras, Bummer, Buguibum.
A mediados de 2022 Hormigonera fórmase a partir dunhas jams no mítico Crápula da Coruña, transformado en local de ensaio. Hormigonera funciona igual que a máquina que da nome á banda, un instrumento onde se mesturan as influencias dos seus catro membros, para forxar un produto consistente e duro. Porque a dureza da música e letra de todos os temas de Hormigonera non deixan indiferente. Con influencias do high energy dos 70, o post punk dos 80 e mesmo rock progresivo. Stooges, MC5, Morphine, Fugazi, Lou Reed, Birthday Party, Scientists… por nomear algunhas das influencias da banda.
O repertorio de Hormigonera, con letras en español e inglés, apréciase mellor no sólido directo que estes catro tipos desenvolven sobre o escenario.