Iníciase na música desde moi novo como saxofonista para distintas bandas de Reggae, Ska ou Soul, e isto lévalle a iniciarse no coleccionismo de vinilos e comezar a súa andaina como Dj hai máis de 15 anos. Desde entón comeza a animar as noites da súa cidade con ritmos principalmente jamaicanos, aínda que aos poucos vai evolucionando cara a outros estilos máis variados, pero centrándose sempre en sons negros que van desde o soul ata o afrobeat, pasando polo jazz, funk ou a música brasileira.
Nos últimos anos é un habitual en diversos locais de Coruña (Barbaría, Pracer, Troppo, Café Universal, Malte…) aínda que de cando en vez fai escapadas a outros puntos de Galicia. Nas súas sesións pon en valor coidadas seleccións en formato vinilo, mesturando clásicos e rarezas que convidan o baile e ao descubrimento.
Desde 2016 tamén forma parte do proxecto DJ Inclusivo, onde achegan a música e a práctica do Dj a persoas con discapacidade e en risco de exclusión social de diversas entidades sociais da cidade.
