BALA

BALA son Anx (guitarra e voz) e V (batería e voz), dúas amigas que se xuntan no ano 2013 co único propósito de pasalo ben, tocar a un volume moi alto e gritar xuntas.

O seu estilo móvese entre o rock intenso e o grunge, pero achéganse cada vez máis tamén ao stoner, o hardcore ou o metal. Ata o momento publicaron tres traballos: ‘Human Flesh’ (Matapadre, 2015), ‘Lume’ (Matapadre, 2017) e ‘Maleza’ (Century Media, 2021).

Tocaron nos grandes festivais de España e Portugal, pero tamén en países como Xapón, Australia, EEUU, Colombia ou UK, deixando pegada en lugares como o Stoned and Dusted (deserto de Mojave, California), ou o Rock ao Parque de Bogotá (2018).

CANDO?

AS SÚAS REDES

A SÚA MÚSICA