Do venres 8 ao domingo 10 de agosto, o Mercado de la Cosecha regresa ao Festival Noroeste Estrela Galicia, e traslada a súa actividade ao Portiño (A Coruña), un enclave único onde natureza, creatividade e sustentabilidade danse a man.
Durante tres días, este espazo converterase nun punto de encontro para coñecer e interactuar con algunhas das iniciativas que están a transformar o rural galego nunha contorna máis próspera, innovador e sostible. Unha programación pensada para todos os públicos que combina divulgación, experiencias gastronómicas, talleres, creatividade e música.
Como en edicións anteriores, o Mercado da la Cosecha contará coa participación de proxectos que son referencia no seu ámbito:Airas Moniz, Calabizo, Cortes de Muar, Versos da Ruda, Galo Celta, A Castrexa, Os Biosbardos, Mariñeiras Daveiga, Ecocelta y Horta da Lousa. Todas estas iniciativas estarán presentes con actividades como catas, talleres e presentacións, que permitirán ao público coñecer de preto os seus produtos, valores e formas de traballar.
O espazo contará tamén coa presenza de WE Sustainability, que ofrecerá actividades creativas e manualidades con materiais reutilizados, enmarcadas nos seus programas de conciencia-acción ambiental, pensadas especialmente para o público familiar.
E todo iso, acompañado da música do programa do Festival Noroeste Estrela Galicia, creando así unha contorna festiva e educativa que achega o rural á cidade. O venres ambientará o espazo no Portiño, Rapariga DJ, o sábado Raphael da Guetto e Señora DJ, e o domingo Eme DJ e DJ Perigo.
As actividades comezarán o venres en horario de 15:30h a 20:00h e o sábado e domingo de 12:00h a 20:00h. Para coñecer os horarios exactos das actividades e apuntarse a catas e talleres existirá punto de información no Portiño que permite a inscrición previa, sempre de forma presencial.
Sobre o Mercado da Colleita
O Mercado da Colleita é unha iniciativa de impacto positivo impulsada por Corporación Hijos de Rivera, cuxo propósito é contribuír activamente á transformación do rural nun medio máis próspero e sostible. Ao longo de máis de dez anos, o proxecto promoveu exemplos reais de artesáns e produtores rurais que, mediante modelos de xestión e negocio innovadores, demostran que esta visión de futuro non só é necesaria, senón tamén viable e diferencial.
A proposta do Mercado da Colleita articúlase a través de accións de investigación, concienciación e divulgación, coas propias iniciativas rurais como protagonistas e inspiración para o cambio que a nosa contorna.


