Mañá, xoves 7 de agosto, desde as 11:30 horas, estará aberto o Mercado de Discos do Noroeste, que este ano cumpre catro edicións. Creado co obxectivo de establecer un punto de encontro musical na Coruña, reunirá a coleccionistas, expositores, selos e distribuidoras de soportes fonográficos, incluíndo vinilos e CD’s.
Haberá máis de 20.000 unidades dispoñibles, entre LP’s, CD’s, singles e maxisingles, incluíndo discografías completas dalgúns artistas, edicións descatalogadas, reedicións e ofertas de case todos os estilos. Tamén haberá unha destacada presenza de discos publicados por selos e editoriais galegas. Con esta, xa son catro edicións.
O acceso será libre para todos os públicos desde este xoves 7 de agosto, e ata o sábado, 9 de agosto, na primeira planta do Mercado de San Agustín, co seguinte horario:
- Xoeves 7 de agosto, de 16:00 a 20:00 horas.
- Venres 8 de agosto, de 11:30 a 19:30 horas.
- Sábado 9 de agosto, de 11:30 a 15:00 horas.