Historia gráfica do noroeste

Historia gráfica do Noroeste é un proxecto expositivo que recrea imaxes do xa consolidado Noroeste Estrella Galicia en nove estructuras independentes repartidas pola cidade da Coruña. 

Na mostra preséntanse máis de medio cento de fotografías correspondentes a 22 ediciones do Festival Noroeste Estrella Galicia. A Praia de Riazor, a Praza de Lugo, a Avenida da Marina, o Campo da Leña ou a fonte dos surfistas, son, entre outros, os espazos que acollerán esas imaxes a gran tamaño que rememoran instantes inesquecibles dun festival que forma parte da historia viva da cidade.

Preténdese, por unha banda, poñer ao alcance do público o ámbito de traballo de Nonito Pereira, este crítico que bautizou o certame e quen lle deu o espírito que aínda hoxe mantén, e por outro, recuperar emocións.

O Festival Noroeste Estrella Galicia reformulouse nesta 34 edición como unha volta ás súas raíces máis vencelladas á música local e galega, pero pola cita teñen pasado tamén grandes nomes internacionais. Ambos conviven nesta exposición na que terán sitio desde a mítica banda coruñesa Cacahüé ata Patti Smith. Eses nove obxectos orixinais recrean fielmente desde aquela primeira edición ata a actual, a nómina de artistas tan ampla como ecléctica que pasaron pola cidade: desde The Cure ata Rosalía; desde Destellos de Pasión, a Patti Smith. As súas dimensións cambiaron: desde un único recinto e unha única xornada ata os seis días de festival e os trece escenarios diferentes da edición do 2019. Tamén mudou o seu nome: desde 2016 é Festival Noroeste Estrella Galicia.

Exposición Historia do Noroeste
Exposición Historia do Noroeste

Asociación Musical Nonito Pereira promove esta proposta expositiva de carácter gráfico que patrocina Estrella Galicia e organiza o Concello da Coruña.

Agradecementos:

Xose Castro, Víctor Echave, Manuel Ferreiro, Sandra G. Rey, Carmen Merelas, Xose Manuel Pereiro, Andy Pérez, Pedro Puig, Chema Ríos, Pablo Rivas, Quintana, El Ideal Gallego, La Opinión de A Coruña, Mondo Sonoro.