A voz de JP Bimeni evoca a Otis Redding e resoa coa alma de África. Este artista, refuxiado burundiano residente en Londres desde principios da década do 2000, fala nas súas cancións de amor e perda, esperanza e medo. A súa música transmite unha convicción que emana das extraordinarias experiencias que a vida lle deparou.
O seu álbum debut é ‘Free Me’ (2018). Este traballo conta con ritmos clásicos dos 60, inspirados en Motown e Stax, o álbum foi escrito polo director musical Eduardo Martínez e o compositor Marc Ibarz. Bimeni impregna estas historias coas súas tráxicas experiencias, convertendo ‘Free Me’ nunha banda sonora de soul profundo para a súa dolorosa vida: «Cando canto sinto que me purifico: a música é unha forma de esquecer».
En ‘Free Me’, as melodías funk máis intensas dan paso a un soul sureño profundo e baladas conmovedoras, cunha vibra única presente en toda esta obra mestra do funk-soul moderno grazas ao inspirador estilo soul africano de Bimeni. Con cada xiro, Bimeni exhibe unha profundidade asombrosa no seu rexistro vocal.
O seu segundo álbum cos Black Belts, ‘Give Me Hope’, lanzouse en febreiro de 2022 co selo Lovemonk.
JP é un cantante de soul espiritual pero tamén un cantante de soul con espírito, e a súa infalible positividade pode ser unha inspiración para todos nós.
