Comeza o XXXVIII Festival Noroeste Estrella Galicia con 9 concertos distribuídos entre Campo da Leña, Castelo de Santo Antón, Azcárraga e María Pita

Mañá arrinca o primeiro día da trixésimo oitava edición do Festival Noroeste Estrella Galicia con nove concertos distribuídos entre os escenarios instalados en Campo da Leña, o Castelo de Santo Antón, a praza de Azcárraga e a praza de María Pita.

Albert Pla & The Surprise Band, La Yegros, Adhara & Ritman, Scarecröw, Vieux Farka Touré, J.P Bimeni and the Black Belts, Hermana Furia, Annie and The Caldwells e O’Funk’illo serán as propostas que inaugurarán esta edición. O primeiro de todos eles mañá, mércores 6 de agosto, ás 13:00 horas en Campo da Leña.

Os convites para o Castelo de Santo Antón esgotáronse ás poucas horas de abrir a billeteira de praza de Ourense.

Mercado de Discos do Noroeste

Creado co obxectivo de establecer un punto de encontro musical na Coruña, reunirá a coleccionistas, expositores, selos e distribuidoras de soportes fonográficos, incluíndo vinilos e CDs. Haberá máis de 20.000 unidades dispoñibles, entre LPs, CDs, singles e maxisingles, incluíndo discografías completas dalgúns artistas, edicións descatalogadas, reedicións e ofertas de case todos os estilos.

Tamén haberá unha destacada presenza de discos publicados por selos e editoriais galegas. Con esta, xa son catro edicións. O acceso será libre para todos os públicos desde este xoves 7 de agosto, e ata o sábado. na primeira planta do Mercado de San Agustín, con horario ininterrompido de 11:30 a 19:30 horas.

Organizado por Nonito Pereira, acollerá tamén unha exposición cuxa temática é a interpretación, ou reinterpretación, de famosas portadas de discos, entendendo o concepto como unha nova versión das devanditas creatividades con achegas persoais significativas por parte do autor, o ilustrador e deseñador galego Fausto Isorna. Titúlase “ReDiscOver”.

 

 

Programación completa distribuida por localizacións, días e horas

 

 

Mércores 6 de agosto

13:00h – Los SEX (Campo da Leña)

14:00h – Adhara  & Ritman (Praza da Azcárraga)

19:00h – Vieux Farka Touré (Castelo de San Antón)

20:00h – J.P. Bimeni and The Black Belts (Praza da Azcárraga)

21:00h – Albert Pla & The Surprise Band (María Pita)

22:00h – Los Deltonos (Campo da Leña)

22:45h – La Yegros (María Pita)

23:00h – Annie and The Caldwells (Azcárraga)

00:00h – O’Funk’illo (Campo da Leña)

_____________________________________

Xoves 7 de agosto

13:00h – Komodo (Campo da Leña)

14:00h – Candela Liste (Praza da Azcárraga)

19:00h – Ballaké Sissoko + Piers Faccini  (Castelo de San Antón)

20:00h – P.P Arnold (Azcárraga)

21:00h – Queralt Lahoz (María Pita)

22:00h – Battosai (Campo da Leña)

22:45h – MONDRA (Praza de María Pita)

23:00h – Tito Ramírez (Praza de Azcárraga)

00:00h – Battosai (Campo da Leña

 

_____________________________________

 

Venres 8 de agosto

13:00h – Gustavo Almeida (Campo da Leña)

14:00h – Revel Velvet (Azcárraga)

16:00h – Rapariga DJ (O Portiño)

16:30h – Experimento Basement (Azcárraga)

17:15h – Roda Door (Azcárraga)

18:00h – Nordés (Azcárraga)

19:00h – McEnroe (Castelo de Santo Antón)

19:00h – Scarecröw (Azcárraga)

20:00h – Doctor Snob (Campo da Leña)

21:00h – Carlos Ares (Playa de Riazor)

22:30h – Luar na Lubre (Playa de Riazor)

00:00h – Grande Amore (Playa de Riazor)

_____________________________________

 

Sábado 9 de agosto

13:00h – Raphael de la Ghetto (O Portiño)

16:30h – Eme DJ (O Portiño)

21:00h – Guadi Galego (Playa de Riazor)

22:30h – Siloé (Playa de Riazor)

00:00h – The Vaccines (Playa de Riazor)

_____________________________________

Domingo 10 de agosto

16:00h – DJ Peligro (O Portiño)