Le máis sobre o artigo Arrinca o 37º Festival Noroeste Estrella Galicia co debut das artes escénicas
AVELINO GONZÁLEZ

Arrinca o 37º Festival Noroeste Estrella Galicia co debut das artes escénicas

A Cidade de Cristal xa está lista para celebrar desde hoxe a 37ª edición do Festival Noroeste Estrella Galicia, que contará cun programa que abarca tanto a música como as artes escénicas, consolidándose como un dos eventos máis esperados do ano en Galicia.Nesta edición, o festival da un paso adiante ao incorporar as artes escénicas mediante dúas liñas de programación: "Noroestiño" e "Contos ao Noroeste’’. Estas disciplinas foron as protagonistas da primeira xornada do evento, coas actuacións de Vero Rilo, Luís Iglesias e Avelino González nos Xardíns de Méndez Núñez…

Continuar lendoArrinca o 37º Festival Noroeste Estrella Galicia co debut das artes escénicas
Le máis sobre o artigo Información importante para os concertos do Castelo de Santo Antón
AVISO CASTELO

Información importante para os concertos do Castelo de Santo Antón

Desde o Festival Noroeste Estrella Galicia comunicamos que serán necesarias invitacións para todos os concertos do Castelo de Santo Antón. Poderán retirarse dúas por persoa e recital, no quiosco da praza de Ourense desde mañá, martes 6 de agosto, en horario de 11:00 a 15:00 e de 16:30 a 19:30 horas. Tamén en https://entradas.ataquilla.com/gl/ventaentradas Ao comezo de cada concerto, de non completarse o aforo, abriranse portas ata encher o recinto. Nesta instalación non dispoñemos dun espazo para persoas con mobilidade reducida.

Continuar lendoInformación importante para os concertos do Castelo de Santo Antón
Le máis sobre o artigo O Festival Noroeste Estrella Galicia dá mañá o pistoletazo de saída á súa 37ª edición, a máis extensa ata a data
Vero Rilo e Luis Iglesias

O Festival Noroeste Estrella Galicia dá mañá o pistoletazo de saída á súa 37ª edición, a máis extensa ata a data

Mañá, luns 5 de agosto, A Coruña prepárase para recibir a 37ª edición do Festival Noroeste Estrella Galicia cun programa que abarca música e artes escénicas, consolidándose como un dos eventos máis agardados do ano en Galicia. Nesta edición o festival dá un paso adiante ao incorporar as artes escénicas con estreas destacadas nas súas dúas liñas programáticas:, “Noroestiño” e “Contos ao Noroeste”, sendo precisamente esta disciplina a protagonista da súa primeira xornada.    CONTOS AO NOROESTE Avelino González actuará nos Xardíns de Méndez Núñez ás 19:00h con Sereas, dragóns…

Continuar lendoO Festival Noroeste Estrella Galicia dá mañá o pistoletazo de saída á súa 37ª edición, a máis extensa ata a data

A 37ª edición do Festival Noroeste Estrella Galicia reforza a súa aposta polas artes escénicas

Volve o Festival Noroeste Estrella Galicia coa súa edición máis extensa ata a data, do luns 5 ao domingo 11 de agosto, ofrecendo 52 actividades destacadas. Este ano, como principal novidade, desenvolveranse actividades de artes escénicas durante toda a semana, incluíndo ‘Contos do Noroeste' e 'Noroestiño'. Estas actividades realizaranse en espazos emblemáticos da Coruña, como a praza de Pontevedra, praza de Vigo, praza do Humor e praza das Bárbaras.Como prato forte, 'Contos do Noroeste' presentará un espectáculo de monólogos o domingo 11 ás 20:00 horas no parque de Santa Margarita,…

Continuar lendoA 37ª edición do Festival Noroeste Estrella Galicia reforza a súa aposta polas artes escénicas