PABLO DÍAZ
Xardíns de Méndez Núñez
18.00 h.
Pablo Díaz abrirá a programación o mércores 5 de agosto ás 18:00 horas cunha viaxe a través dos contos coa música de frautas, guitarra e harmónica como fío condutor. Unha sesión relaxada onde a fantasía e a ilusión serán as grandes protagonistas, e na que grandes e miúdos axudarán a cantar e entoar as melodías e retrousos dos contos e cancións.
MARÍA FALTRI
Xardíns de Méndez Núñez
18.00 h.
Para o xoves 6 de agosto, tamén ás 18:00 horas, haberá unha sesión de picadiscos infantil con María Faltri. Pensada como unha gran festa participativa, converterá Méndez Núñez nunha pista de baile co público como verdadeiro protagonista. Música galega de onte e de hoxe, xogos rítmicos, instrumentos, disfraces e dinámicas de grupo crean un espazo de celebración, movemento e diversión compartida.
MAGÍN BLANCO
Xardíns de Méndez Núñez
18.00 h.
Magín Blanco chegará o venres 7 de agosto, ás 18:00 horas, cun espectáculo participativo na compañía do músico Pablo Vidal, que convida ás crianzas a achegarse ao proceso creativo e a xogar cos elementos que compoñen as cancións. As melodías, as harmonías e a musicalidade poética das rimas farán desfrutar a pequenos e maiores.
BIDOPAULA: O CONCERTO
Banda do Bosque
Xardíns de Méndez Núñez
12.00 h.
O sábado 8 de agosto ás 12:00 horas chega Bibopalula: o concerto. Despois de percorrer os teatros de toda Galicia, a Banda do Bosque proponse ofrecer grandes concertos este verán. Os temas máis escoitados da primeira serie musical de debuxos en galego chegan aos escenarios acompañados dunha banda en directo e a voz de Isabel Garrido, a quen acompañan Robin, Carpin, Pegui e Merli.
LYDIA BOTANA
Xardíns de Méndez Núñez
18.00 h.
Pola tarde do sábado 8 de agosto, ás 18:00 horas, a música multiinstrumentista Lydia Botana fará as delicidas das persoas asistentes co seu espírito aventureiro, compartindo a música que compón e cantando en varias linguas. Viaxeira como ningunha outra, mesturou e aprendeu diferentes culturas que transmite nos seus espectáculos infantís.
MAMÁ CABRA con ONDAMINI
Xardíns de Méndez Núñez
12.00 h.
Pechará a programación deste Noroestiño o domingo 9 de agosto ás 12:00 horas Mamá Cabra con Ondamini, que fará un casting musical entre o público miúdo. Buscará músicos e músicas con enerxiá de cabra, ritmo de cabra e moitas, moitas ganas de facer a cabra. Cancións para moverse, para bailar e para cantar. Un repertorio interactivo que busca a participación e o xogo con música. Cantos para non deixar nunca de ser nenas e nenos.