Annie Caldwells di: “A miña familia é a miña banda”, polo que, naturalmente, a historia da banda, e a súa música, encaixa coa vida real da familia. ANNIE & THE CALDWELLS son unha familia que toca un potente soul disco de West Point, Mississippi.
Cando Annie tiña 16 anos, en Aberdeen, Mississippi, tocaba nunha banda cos seus irmáns (chamábanse os Staples Jr. Singers. Un día, os Staples Jr. estaban a cantar nun programa da igrexa en West Point, cando un guitarrista que tocaba cun dos irmáns de Annie noutra banda escoitouna e dixo: “Quen é esa?” Nese momento Annie coñeceu a Willie Joe Caldwell Sr., o seu esposo durante o últimos cincuenta anos e cofundador e guitarrista dos Caldwells, quen acompaña a voz impoñente da súa familia con riffs distorsionados e psicodélicos.
Annie e Joe formaron o seu propio grupo, que se inspirou na música que lles encantaba aos seus fillos: The Gap Band, Chaka Kahn, Bootsy Collins. “Empezamos cantando ‘Is My Living in Vain’ das Clark Sisters”, dixo Annie, ilustrando como o grupo infunde góspel con agallas e sentido da vida.
Dúas décadas despois, a constelación de membros da familia Caldwell é máis ou menos a mesma: Annie está apoiada polas súas fillas Deborah Caldwell Moore e Anjessica Caldwell e a súa afillada Toni Rivers; o seu fillo maior, Willie Jr., toca o baixo e o menor, Abel Aquirius, a batería.
Os seus verdadeiros problemas e experiencias (como familia interxeracional dirixida por mulleres) son o centro da súa música: os recordos do nacemento dunha filla ou a recuperación dun irmán dunha enfermidade fúndense en momentos transcendentais sobre o escenario.
