Tiburona é unha banda madrileña formada por Laura del Amo (guitarra e voz), Rita Dolores (baixo e voz) e Supercarmen (batería e voz), que chega para cativarnos cos seus cantos e facernos bailar sen parar. O seu punto forte? Son reais, saben o que queren e cantan e tocan as tres. Sen xerarquías.
En 2020 publicaron o seu primeiro EP, de título homónimo, que se viu continuado en 2021 aos mandos de Paco Loco, co LP Sóla y feliz, composto a base de ritmo e alma onde non hai nin trampa nin cartón. Riffs contaxiosos, espírito explosivo, un discurso sen ningún tipo de rubor e aromas sesenteiros mesturados coa contundencia, ben dosificada, do punk latinoamericano.
Como aperitivo do que estaba por vir sacaron un novo sinxelo, Cartel precioso, éxito instantáneo e que coincidiu no tempo co primeiro premio conseguido no Certame Rock Villa de Madrid 2023, á vez que seguían enchendo salas e pasando por festivais como Azkena Rock Festival, Ebrovisión, Monkey, Week, Caudal Fest, Canela Party ou Torrelavega Sound City.
Tras todo este vórtice, o power trío madrileño tiveron unha cita con Montgrí (casa de Cala Vento, Biznaga, La Élite, Yawners….) e tras un match inmediato, dixéronse que si. Non é isto unha especie de historia de amor?
É que prendarse de Tiburona é bastante sinxelo, xa que están feitas dun material duro e resistente, pero que brilla; algo así como un diamante. Porque Laura, Rita e Supercarmen levan máis dunha década compoñendo e xirando xuntas en diferentes proxectos e construíron unha amizade que está por riba de todo. A súa traxectoria levounas a unha evolución orgánica musical e estilística, na que percorren camiños que xa coñecían á vez que exploran outros novos.