NOVOS ESCENARIOS E MOITA VARIEDADE
39 FESTIVAL NOROESTE ESTRELLA GALICIA
Na 39 edición do Festival Noroeste Estrella Galicia o público poderá gozar de máis de 40 artistas en 7 escenarios diferentes espallados por toda a cidade.
Cinco días de festival
Do 5 ao 9 de agosto a cidade vibrará día tras día con artistas internacionais, estatais, galegos e locais.
Días
Escenarios
Artistas
Novos escenarios e artistas moi variados
O Festival Noroeste Estrella Galicia está a piques de cumprir corenta anos, e para esta tan agardada trixésima novena edición contaremos con artistas do nivel de Bomba Estéreo, Rusowsky, Yerai Cortés, Sprints, Sés, Echo & the Bunnymen, La Perra Blanco, Mari Froes, Sprints, Xosé Lois Romero & Aliboria, Dorian, Zënzar ou Ángel Stanich, nun programa que conta con máis de 40 artistas e coa presenza de nomes galegos en máis da metade do programa.
A deseñadora coruñesa Julia Lago foi a encargada de crear o deseño gráfico desta XXXIX edición, inspirándose no «espírito que inunda a cidade durante o festival. Hai festa en cada esquina e o ambiente nocturno é moi especial».
Os concertos celebraranse nos escenarios de Praia de Riazor, María Pita, Azcárraga, Campo da Leña, O Portiño e o Castelo de San Antón do 5 ao 9 de agosto. Reafírmase o compromiso de reunir nun mesmo festival —que un ano máis segue a ser un referente a nivel nacional e internacional— figuras consagradas xunto a talentos emerxentes, premisa coa que naceu o Festival Noroeste Estrella Galicia hai case 40 anos. A música encherá A Coruña durante catro días, combinando talento internacional e local.
Outra das principais características deste festival é a ampla variedade de estilos presentes en todos os escenarios. Na súa trixésima novena edición, ademais de rock, pódese gozar de música africana, pop, electrónica, folk, jazz, rhythm & blues ou post-punk, entre moitos outros xéneros.
O Festival Noroeste Estrella Galicia é un festival urbano gratuíto patrocinado por Estrella Galicia, organizado polo Concello da Coruña e apoiado pola Xunta de Galicia a través de Concertos do Xacobeo e a Deputación Provincial da Coruña. É o evento máis importante do seu tipo a nivel nacional e un dos máis relevantes de Europa.
Artes escénicas e Mercado de Discos do Noroeste
Novamente, as artes escénicas formarán parte da programación do XXXIX Festival Noroeste Estrella Galicia cos ‘Contos ao Noroeste’ e o ‘Noroestiño’, ambos do 6 ao 9 de agosto. Esta iniciativa xurdiu na XXXVII edición do festival para complementar a programación musical con actividades para todo tipo de público.
Para público familiar, o ‘Noroestiño’ encherá os Xardíns de Méndez Núñez de música en directo con espectáculos diversos e adaptados a este tipo de espectadores. Participarán Pablo Díaz, María Faltri ou Lydia Botana xunto cos espectáculos ‘A Banda dos Insectos’, ‘Bibopalula, o concerto’ ou ‘Leucoíña pasea contos nas verzas’.
O público poderá gozar tamén dunha nova edición do Mercado de Discos no antigo edificio do Cine París, nunha compilación de CD’s, LP’s e vinilos que se creou co obxectivo de establecer un punto de encontro musical na Coruña e onde, con cada celebración do Festival Noroeste Estrella Galicia, converxen coleccionistas, expositores, selos e distribuidoras de soportes fonográficos. Organiza Nonito Pereira, unha destacada figura do mundo da música na Coruña.
Exposición sobre creación artística
Como principal novidade, este ano contaremos tamén cunha exposición sobre creación artística e memoria musical na Casa Museo Casares Quiroga, do 30 de xullo ao 8 de agosto e onde se poderán contemplar, entre outras obras, todos os deseños dos carteis das anteriores edicións.