Nordés é unha banda de rock e metal alternativo en galego formada por cinco amigos de diferentes partes de Galiza con base na Coruña. A banda comezou como cuarteto no ano 2018 nos Locais de Ensaio do Concello da Coruña e deu os seus primeiros concertos ó ano seguinte en diferentes salas da cidade. A pandemia provocou un parón obrigado no grupo que se prolongou durante tres anos. En 2023 a banda presenta o seu primeiro traballo, Tempestade, composto por cancións que levan co grupo desde os seus comezos.
Con este disco, tras anos de traballo nun proxecto autoxestionado con percorrido na escea local coruñesa, Nordés comeza a subirse a escenarios de toda Galiza e máis alá a facer o que máis lles gusta: desfrutar e facer desfrutar sobre o escenario a través da música en directo.
