Siloé é unha das propostas máis orixinais da escena musical española. O grupo formado por Fito Robles (vocalista e compositor), Xavi Road (guitarrista e produtor) e Jaco Betanzos (batería), evolucionou mesturando pop/rock con folk e electrónica ata lograr a súa propia identidade.
Publicaron o seu primeiro álbum “La verdad” (2016) e o seu primeiro sinxelo, con máis de 20 millóns de escoitas, entrou en “Lo más viral” en España, Chile e México. Seguíronlle “La luz” (2018) e “Metrópolis” (2020), onde a banda define a súa identidade en directo, creando un show único que os consagra como unha das mellores bandas en vivo do país.
En 2021, a banda británica Coldplay compartiu en redes uno dos seus singles, recomendando á banda valisoletana e converténdose en noticia viral. En 2023 lanzaron “Santa Trindad”, un álbum de 9 temas con millóns de streams e éxitos como Todos los besos, Si me necesitas, llámame e Que merezca la pena.
En 2024, a banda xirou con máis de 100 datas, 42 en festivais e 33.000 entradas vendidas con todo sold out na súa xira de salas. Tras o éxito de “Santa Trindad”, Siloé lanzou Santa Trindad (edición deluxe), con 2 temas inéditos que capturan a súa esencia pop/rock épica e festivalera.