LERIA

LERIA é un proxecto coruñés que xorde no 2021 nas rúas da Coruña, pasando por diversas salas e bares da comarca. Unha aposta pola música indie na nosa lingua que ten, entre outros referentes, a bandas como Love of Lesbian, Ginebras, Vetusta Morla ou Miss Cafeína. 

Gañadoras do concurso “Novos Valores”, abriron as festas do Apóstolo (Santiago de Compostela) no Festigal, compartindo escenario con artistas referentes en Galicia como Fillas de Cassandra, Grande Amore ou Dios Ke Te Crew. 

Coa primavera de 2024 chega o seu primeiro disco, Marusía, un CD que recolle todos os temas do directo. 

CANDO?

AS SÚAS REDES

A SÚA MÚSICA