Víctor Coyote e Tito Ramírez tinguen o Parque Europa de música con ritmos rock do máis latinos

Definir a Víctor Coyote non é doado, así como tampouco o é facelo coa súa música. Intentarémolo dicindo que ambos, son unha pura explosión de rica creatividade e paixón. Así comezaba hoxe a xornada no Parque Europa, con paixón desmedida e Cien guitarras que adicaba as mulleres galegas deportistas.

Pero non foi a única reivindicación que quixo deixar por cantada esa tarde. Co a súa Cumbia de Milagro, puxo en valor a calidade que lle aporta á música, os xéneros e a influencia cultural latina. Todo suma e nada resta, cando se trata de crear e compartir.

Victor Coyote Escenario Parque Europa – 7 agosto

Instrumento tras instrumento; con ukelele, pandeireta, guitarra… Víctor servíu o seu talento sobre o escenario e a Maravilla non foi só unha das súas cancións máis esperadas, senón tamén a química que desprendeu xunto aos seus compañeiros que o acompañaron á percusión e cordas.

Cando xa parecía que chegaban á fin do concerto “vivos de milagro”, a situación volveuse prender, e a grito de “guapo” sucumbiron os tres ante o dedicado público, para tocar un bis exaltado e cheo de ritmo, que deixou aos asistentes aplaudindo a rabiar.

Tito Ramírez abríu as portas do mesmo inferno no Parque Europa

A súa excelentísima perversidade en persoa, Tito Ramírez, subía despois ás 22:30h ao escenario no Parque Europa e antes do seu “boas noites Coruña”, xa tiña cos ánimos arriba a todo o público.

Tito Ramírez Escenario Parque Europa – 7 agosto

Vacilón, incorrecto, picante e divertido, fíxose o dono do escenario de principio a fin. E sabemos que foi cousa dun pacto co mesmo diaño, porque todos os asistentes quedaron hipnotizados coa súa presenza, acompañando cada ritmo e cada verso coas súas palmas e subindo de intensidade, canción tras canción.

Sacou as súas maracas, e revivíu a Bubalú para cantarlle con forza e sangre o seu “Mambo nº666″.

Tito Ramírez Escenario Parque Europa – 7 agosto

Ao remate, e aínda agora, se pode percibir a carga eléctrica no aire qe deixou unha noite chea de ritmo, picardía e moitísimo talento. Costará recuperarse tras esta segunda xornada de Noroeste Estrella Galicia, pero haberá que facelo, porque chega o domingo e toca ir a misa para expiar os doce pecados do mambo e o Rock & Roll.

Bota unha ollada á galería completa de imaxes da noite no Parque Europa: