A praza de Azcárraga e o Campo da Leña foron os emprazamentos nos que comezou a soar a música este mediodía.
Pola tarde, tamén haberá concertos nestes dous espazos. Subiranse ao escenario da praza de Azcárraga Patax (20:00 horas), Ife Ogunjobi (22:30 horas) e Martha High (00:30 horas). En Campo da Leña, oportunidade para desfrutar de Tiburona (20:30 horas), Zënzar (22:00 horas) e Meu (23:30 horas).
Ademais, Leticia Rey Quintet (19:30 horas) e Martin Kohlstdet (21:00 horas) no Castelo de Santo Antón, e Lura (21:00 horas), Salif Keïta (22:45) e Terrae (00:30 horas) completarán o programa de concertos para este mércores.
A praza das Bárbaras acollerá os ‘Contos ao Noroeste’ ás 19:00 horas con Bea Campos; os Xardíns de Méndez Núñez, á mesma hora, o ‘Noroestiño’ con Pakolas.