Tanxugueiras, Zahara, Thibault Cauvin e Bratzantifa, entre outros, reuniron a 90.000 asistentes na terceira xornada do Festival Noroeste Estrella Galicia

  • A cidade da Coruña, volcada co regreso do Festival Noroeste Estrella Galicia, contou na súa terceira xornada con 90.000 asistentes.
  • Esta edición recupera tamén a presenza do Mercado da Colleita, que está instalado durante as 5 xornadas do festival no Campo da Leña e que conta coa presenza dos produtores que participan neste proxecto de impacto social da Corporación Hijos de Rivera.
  • Os concertos con invitación previa de Valeria Castro, A Pedreira e Israel Fernández  colgaron o cartel de entradas esgotadas grazas á gran acollida do público.
  • O concerto de Antonio Placer  programado para as 20:00h do sábado 13 na Casa Museo Casares Quiroga será finalmente ás 21:30h.
  • Na súa cuarta xornada o festival contará coas actuacións de UB40, Baiuca e Bia Ferreira, entre outros, e tamén cos “pasacalles” da man de Ladinamo.
  • O Mercado de Discos do Noroeste abriu este venres as súas portas con grande éxito de convocatoria, máis de 1.000 persoas pasaron polo Mercado Municipal de San Agustín. Consulta a programación completa na web do festival.

 

O Festival Noroeste Estrella Galicia pecha unha terceira xornada de impacto. A programación do festival continuará ata o domingo 14 de agosto e contará con 51 concertos que encherán durante cinco días de estilos musicais diversos ata 10 enclaves diferentes repartidos pola cidade da Coruña.

Na súa terceira xornada, o público asistente, máis de 90.000 persoas, puido desfrutar das actuacións de artistas como as Tanxugueiras, que foi todo un éxito enriba do escenario da Praia de Riazor, no que tamén actuaron Zahara e Bratzantifa (estas últimas artistas galegas gañadoras do XXIV Concurso de bandas e solistas da Radio Comunitaria de A Coruña, CUAC FM), que gozaron dunha gran acollida neste recinto.

 

O público do Campo da Leña, puido asistir á dinámica actuación de FF, mentres que a música en movemento non faltou xunto a Festicultores Troupe no seu “pasacalles”.

Nesta terceira xornada do festival, Cormelana Sellier, acolleu a artista Alicia Carrera, que demostrou como os seus sets sempre fuxen dun lugar común para recrear lugares evocadores. Nunha cita máis íntima, Thibault Cauvin reuniu aos asistentes na estrea da Casa Museo Casares Quiroga para un espectáculo onde se puido escoitar a súa guitarra clásica con diversos efectos inspirados nas guitarras eléctricas. 

Na programación do cuarto día sábado 13 de agosto, desfrutaremos da xa estreada Praia de Riazor xunto a UB40, Baiuca e Helena Egea

Aqeelion e Bia Ferreira encargaranse de facer soar o rock que caracteriza ao Campo da Leña, e a Praza Azcárraga soará a ritmo do jazz e soul de Eve Cornelius e Néstor Pardo.

O “pasacalles” correrá á conta de Ladinamo, e as citas máis íntimas serán na Fundación Luis Seoane xunto a CRNDS + Inma Veiga Live Av e Músculo! e, na Casa Museo Casares Quiroga, xunto a Antonio Placer, cuxo concerto será finalmente ás 21:30h. 

Xa se pode visitar o Mercado de Discos do Noroeste, que abriu as súas portas neste terceiro día do festival con grande éxito de convocatoria. Máis de 1.000 persoas pasaron polo Mercado de San Agustín, que contaba nas súas instalacións con máis de 35.000 referencias musicais en diferentes formatos e estilos a disposición del público. Este proxecto nace co propósito de establecer no emblemático recinto do Mercado Municipal de San Agustín da Coruña un encontro de interés musical onde reunir a coleccionistas, expositores, selos e distribuidoras de soportes fonográficos (vinilos, CD…) con acceso libre para todos os públicos durante os días 12, 13 e 14 de agosto. Como se mencionaba anteriormente, o mercado continúa hoxe 13 e mañan 14 de agosto coa seguinte programación: 

SÁBADO 13

12:00h – 14:00h: Baile social con Loopy Hoppers (exterior)
17:30h -18:30h: Presentación “Esquío”

DJ SOUND SYSTEM
1:00h – 14:00h: Maik
14:00h -15:30h: Tino
15:30h – 17:30h: Rupy
18:30h – 20:00h: Yeka / Tino

DOMINGO 14 

12:00h – 14:00h: Baile social con Loopy Hoppers (exterior)
12:00h – 13:00h: Presentación “Todo en nombre del Rock & Roll”

DJ SOUND SYSTEM
11:00h – 12:00h: Tino
13:00h – 15:00: Tino
15:00h – 18:00h: Yeka

Desde o comezo desta edición, pódese desfrutar do regreso ao Festival Noroeste Estrella Galicia do Mercado da Colleita, que está situado no Campo da Leña durante os cinco días de festival e que conta coa presenza de distintos produtores que participan no proxecto así como con actividades de degustación e divulgación. O Mercado da Colleita é unha iniciativa de impacto social de Corporación Hijos de Rivera cuxo propósito é a transformación do rural nun medio máis próspero, sostible e saudable que xera benestar; a través da investigación, a concienciación e a divulgación de iniciativas inspiradoras que están a transformar o rural.

Ademais, Estrella Galicia e WE Sustainability traballarán conxuntamente en concienciación medioambiental a través de diferentes accións como a cuantificación, separación e limpeza de residuos co obxectivo e reto de reducir a pegada de carbono e transformalos para que teñan unha segunda vida como mobiliario para eventos. Para isto, porán a disposición do festival un equipo de concienciación para darlle trazabilidade aos puntos de separación e recollida de residuos.